jueves, 31 de marzo de 2016

2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


Achégase abril, o mes dos libros (como acostuman a denominalo moitas bibliotecas escolares) e as primeiras actividades específicas para este mes arredor do libro e a lectura aparecen arredor do 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil en conmemoración do nacemento de Hans Christian Andersen. Coma en anos anteriores, a IBBY (International Board on books for Young People), a súa sección española a OEPLIxunto coas entidades colaboradoras como GALIX, en Galicia, editan un cartel cunha mensaxe e unha imaxe especialmente deseñada para este día.
Nesta ocasión, a sección de Ibby do Brasil foi a encargada da elaboración deste cartel. O texto, da escritora brasileira Luciana Sandroni, recrea a fascinación que pode exercer unha biblioteca  nunha pequena lectora e o estímulo que os contos supoñen para a imaxinación de quen se deixa levar polo poder da lectura. O debuxante e ilustrador brasileiro Ziraldo pon a imaxe a este cartel cunha sinxeleza e evocación só propias dos grandes artistas.



TEXTO PARA O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2016









Na biblioteca tedes unha exposición de contos para ler nas horas de titorias ou nos recreos con motivo do "Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil".

miércoles, 30 de marzo de 2016

OBRADOIRO DE MATERIAIS PARA XOGOS

O xoves rematamos de decorar os nosos tableiros de TRES EN RAIA, e aproveitamos para xogar por parellas. Como sempre os nosos axudantes colaborando un motón e axudando aos máis pequenos, é unha sorte contar con eles na biblioteca. 




XVII SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA


XVII SALÓN DO LIBRO: "CANTA BICHERÍA!"

Os animais serán os protagonistas deste XVII Salón do Libro:domésticos, salvaxes, polares, nocturnos, acuáticos. Formigas, osos, cans e paxaros. De todas partes do mundo, dos ecosistemas coñecidos e por coñecer. Reais, fantásticos!!!!

Todos eles teñen cabida no Salón, que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra entre o 1 e o 23 de Abril de 2016. 

Horario para visitar o Salón do Libro: 

 De luns a venres: De 17:00 a 20:00 h. Os sábados, domingos e festivos: De 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.

 Aqui tedes un enlace para consultar o programa de actividades.

PROGRAMA DO XVII SALÓN DO LIBRO


martes, 29 de marzo de 2016

VIAXES POLO MUNDO


O xoves 17 o alumnado de primeiro ciclo , en varias sesións, disfrutou dunha animación a cargo de Sabela Gago coa temática de Viaxes polo mundo.

Durante as sesións de contacontos viaxaron a diferentes lugares do mundo ata chegar á Atántida e viviron xuntos unha marabillosa viaxe a través dos libros.

 Os nenos e nenas que tiveron a sorte de estar con Sabela, pasáronno moi ben, con ganas de que os visite de novo.













jueves, 10 de marzo de 2016

OBRADOIRO DE MATERIAIS PARA XOGOS

Este xoves no obradoiro fixemos un tableiro de cartón do tres en raia , logo quedará na biblioteca para que todo o alumnado poda xogar no tempo de lecer.

Os materiais foron: un cartón cadrado, 3 tapóns dunha cor e outros tres doutra cor, pinturas, rotuladores, cinta blanca e gomets de diferentes cores.Como aínda non rematamos de decoralos o próximo xoves remataremos e xogaremos ao tres en raia.

AGARDÁMOSVOS












martes, 8 de marzo de 2016

SEMANA DA PRENSA


Como xa sabedes do  7 ao 11 de marzo celebramos a SEMANA DA PRENSA. É unha conmemoración que aparece recolllida no Calendario Escolar dende 1989 co fin de integrar os medios de comunicación na escola.
Tedes na Biblioteca durante toda a semana xornais , revistas para ler e traballar  fomentando no alumnado a lectura e busqueda de información.


Podedes consular a prensa dixital no seguinte enlace:


8 DE MARZO : DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O calendario civil ofrece oportunidades para que as bibliotecas escolares exerzan o seu papel de apoio ao desenvolvemento do currículo e ás actividades formativas de carácter "transversal" como é a educación en valores. Todos os días son días de traballo pola igualdade pero nestas datas como o 8 de Marzo, conmemórase o Día da Muller Traballadora volve ser urxente lembrar a presenza das mulleres na sociedade e preparar as alumnas (e os alumnos) para exercer os seus dereitos nunha sociedade máis xusta. 

Dende a biblioteca quixemos conmemorar este día con varias actividades: 
  • Exposición de libros escritos por mulleres.
  • Exposición do Día da Muller, para coñecer moitas novas sobre a vida dun feixe de mulleres que foron importantes en distintos campos literatura, cultura, arte , deporte....
  • Traballos realizados polas diferentes aulas sobre o día da Muller.






domingo, 6 de marzo de 2016

VENRES DE CONTO

V  E N R E S        D      C O N T 

Este VENRES DE CONTO, as encargadas de ler o conto aos máis pequenos do cole foron EVA, LILI E AITANA, alumnas que participan no voluntariado de lectura-A.Leron un conto  que titulábase "Animales divertidos" e contiña pop up.Gustoulle moito os nenos e fixérono XENIAL.



Aitana, Lili e Eva








viernes, 4 de marzo de 2016

OBRADOIRO DE MATERIAIS PARA XOGOS

Este xoves elaboramos un novo xogo, con materiais de desfeito procedentes do entorno familiar. Chamámoslle autocanasta con envases de iogur , utilizamos follas de xornais ou papel de aluminio, botes de iogur, fio , un anaco de celo e pegatinas de cores para adornar os vasos.