8 DE MARZO : DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O calendario civil ofrece oportunidades para que as bibliotecas escolares exerzan o seu papel de apoio ao desenvolvemento do currículo e ás actividades formativas de carácter "transversal" como é a educación en valores. Todos os días son días de traballo pola igualdade pero nestas datas como o 8 de Marzo, conmemórase o Día da Muller Traballadora volve ser urxente lembrar a presenza das mulleres na sociedade e preparar as alumnas (e os alumnos) para exercer os seus dereitos nunha sociedade máis xusta.
Dende a biblioteca quixemos conmemorar este día con varias actividades:
- Exposición de libros escritos por mulleres.
- Exposición do Día da Muller, para coñecer moitas novas sobre a vida dun feixe de mulleres que foron importantes en distintos campos literatura, cultura, arte , deporte....
- Traballos realizados polas diferentes aulas sobre o día da Muller.
No hay comentarios:
Publicar un comentario