Achégase abril, o mes dos libros (como acostuman a denominalo moitas bibliotecas escolares) e as primeiras actividades específicas para este mes arredor do libro e a lectura aparecen arredor do 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil en conmemoración do nacemento de Hans Christian Andersen. Coma en anos anteriores, a IBBY (International Board on books for Young People), a súa sección española a OEPLIxunto coas entidades colaboradoras como GALIX, en Galicia, editan un cartel cunha mensaxe e unha imaxe especialmente deseñada para este día.
Nesta ocasión, a sección de Ibby do Brasil foi a encargada da elaboración deste cartel. O texto, da escritora brasileira Luciana Sandroni, recrea a fascinación que pode exercer unha biblioteca nunha pequena lectora e o estímulo que os contos supoñen para a imaxinación de quen se deixa levar polo poder da lectura. O debuxante e ilustrador brasileiro Ziraldo pon a imaxe a este cartel cunha sinxeleza e evocación só propias dos grandes artistas.
TEXTO PARA O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario