jueves, 21 de abril de 2016

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Achégase o Día Mundial do Libro, o 23 de abril, unha das datas máis significativas do calendario civil nas bibliotecas escolares galegas. Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega. Desta vez, o texto co que celebramos o Día do Libro é de Pedro Feijoo, un dos creadores galegos máis lidos nos clubs de lectura dos centros de ensino, quen afirma con rotundidade no seu texto Os libros son para valentes: "... eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereizas..."




O 23 de Abril cúmprense 400 anos do falecemento do ilustre escritos Miguel de Cervantes ( 1616 - 2016 ) , autor da obra "Don Quijote de la Mancha".



Na biblioteca temos unha exposición de libros do autor e a súa obra máis coñecida.



Tamén podedes trabajar o autor e a súa obra nas seguintes ligazóns:

Páxina para descubrir a obra, personaxes, xogos....









No hay comentarios:

Publicar un comentario