miércoles, 13 de abril de 2016

ANIMACIÓN Á LECTURA EN CUARTO

O mércores 30 de marzo os rapaces e rapazas de 4º tiveron a sorte de contar coa presenza de Manuel Solla. Candela e Ainhoa , alumnas participantes no voluntariado da biblioteca, foron as encargadas de facer a súa presentación. Grazas a este gran animador pasaron un bo anaco con actividades e xogos inspirados nos dous libros que están a ler neste curso: “Ti non xogas” de Silvestre Gómez Xurxo e “Jack Stalwart. El secreto del templo sagrado. Misión Camboya” de Elisabeth Singer Hunt.

Representaron en grupo e de xeito individual as personaxes e os momentos que máis lles gustaron de cada un dos libros, debuxaron un lema para fomentar a lectura, responderon a varios enigmas e quedaron alucinados cos trucos de maxia. Foi unha mañá fantástica!

Candela e Ainhoa foron as encargadas de presentalo.










No hay comentarios:

Publicar un comentario