domingo, 30 de octubre de 2016

CONTACONTO SAMAÍN

O xoves 27 tivemos na biblioteca unha sesión de contacontos  para o primeiro ciclo con motivo da celebración do SAMAÍN. Os contos elexidos foron :"La bruja Brinilda"  e "La cocina de la bruja".A profe Eva, membro do Equipo de Biblioteca foi a encargada de contalos.










Na biblioteca tedes unha exposición de libros relacionados co Samaín para poder ler nas horas de biblioteca asinadas as titorias e nos recreos.



O alumnado de primeiro ciclo participó nun concurso de cabazas  proposto polo seu ciclo , entre elas había unha relacionada coa biblioteca, a nosa mascota SABIDIÑA, todas eran moi chulas.Noraboa rapaces.

A nosa mascota SABIDIÑA


2º NIVEL


1º NIVEL




lunes, 24 de octubre de 2016

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

Hoxe celebramos na nosa Biblioteca o DÍA DA BIBLIOTECA cun concerto a cargo de varios alumnos de 6º nivel e baixo a dirección da profesora de música Paula. Neste día faise fincapé nos beneficios das institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía.O alumnado interpretou as pezas :It' s bandtastic e Supercalifragilisticexpialidocious.

Fixéronno xenial  e disfrutamos dun concerto estupendo.Grazas rapaces polo esforzo e grazas profesora Paula por colaborar sempre co Equipo da Biblioteca.







 Aqui tedes un corto sobre o libro "Los fantásticos libros voladores del Señor Morris Lessmore" de  William JoyceUn libro que pon en valor o papel da biblioteca e dos libros.


24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

O 24 de outubro é, desde hai 20 anos, o Día da Biblioteca, pois van xa dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial. Nesta ocasión foron dúas mulleres da "periferia", a ilustradora vasca Elena Odriozola e a escritora galega Ledicia Costas, as encargadas de darlle fondo e forma e esta mensaxe a prol da existencia das bibliotecas. 

Fermosísimo é o texto de Ledicia CostasPremio dos Clubs de Lectura 2016, que nos facilita GALIX na súa orixinal versión en galego e do que entresacamos un parágrafo: 



"Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día da Biblioteca. Sería xenial organizar unha festa con confeti e pompas de xabón. Celebrala ao grande. Encantaríame vestirme para tal ocasión como o personaxe dalgún libro, sentarme na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo e esperar a que fosen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñerte botas de pelo, plumas, zancos e chapeus. Chapeus! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, atraída polas cores e formas do meu chapeu:
-- Sombreireira tola, que festa máis marabillosa! Sería tan amable de servirme unha cunca de té?" 



 PREGÓN DÍA DAS BIBLIOTECAS



sábado, 22 de octubre de 2016

APERTURA DA BIBLIOTECA

O venres 7 de outubro ,Marta L. e Lara, colaboradoras de Sabidiña anunciaron en RadioSabidiña que o luns 10  abriría as súas portas a Biblioteca.O alumnado recibira nas súas aulas unha nova da biblioteca, foron as cartas da nosa mascota Sabidiña lembrando a apertura da biblioteca.

O alumnado de primeiro como era a primeira vez que visitaba a Biblioteca tivo unha sesión de benvida. A sesión foi impartida polos membros do equipo da biblioteca , contáronlle a historia da nosa mascota Sabidiña, explicáronlle como estaban colocados os libros na biblioteca , as normas e cando podían visitala.Ao final recibiron un pequeno agasallo de benvida.







jueves, 13 de octubre de 2016

BIBLIOTECA ESCOLAR: TERRITORIO DAS ARTES



"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.
A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  
Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con está temática. 
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos). 

Convidámosvos a descubrir o último vídeo de Agustín Fernández Paz para as Bibliotecas Escolares dentro deste cartel a través da aplicación Aurasma de Realidade Aumentada. 

martes, 4 de octubre de 2016

BENVIDOS

Benvidos o novo curso escolar. Este año comenzamos cun novo proxecto de biblioteca, que leva por título: "SABIDIÑA VIAXA A TRAVÉS DA HISTORIA".Dende a Biblioteca esperamos que disfrutedes da lectura e das distintas actividades que levaremos a cabo durante todo o curso.