lunes, 6 de marzo de 2017

SEMANA DA PRENSA



Como xa sabedes do 6 ao 10 de marzo celebramos a SEMANA DA PRENSA.É unha conmemoración que aparece recollida no Calendario Escolar dende 1989 co fin de integrar os medios de comunicación na escola.

Tedes na Biblioteca durante toda a semana xornais , revistas para ler e traballar  fomentando no alumnado a lectura e busqueda de información.


Na Web "EDUCACIÓN EN VALORES", atopamos cinco boas razóns para levar a prensa á escola:

1.O periódico é unha ferramenta única. Trata cada día infinidade de temas e é perfectamente adecuado para utilizar en calquera nivel, desde infantil ata bacharelato.

2. Os xornais están ao día, axudan aos alumnos a informarse e a converterse en cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre o mundo real e a aula.

3. Os periódicos son motivadores e xeran actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo atopa no periódico algo que lle interesa e divirte.

4. Os periódicos non só axudan aos alumnos a mellorar o seu nivel de lectura, senón tamén a facelo de forma crítica

.5. Unha vez que os nenos aprenden a usar o xornal para obter información, teñen unha ferramenta imprescindible para toda a súa vida.

Lembrade que temos na nosa biblioteca os números  do xornal escolar mensual "O Papagaio" de Edicións Moito Conto. Incúe temas de actualidade e empresta unha atención especial á ciencia, tecnoloxía, ecoloxía, historia, arte, cultura, integración e banda deseñada. Está aberto á participación dos centros de ensino.









Podedes consular a prensa dixital no seguinte enlace:


KIOSCO DE PRENSA






Distintos recursos para traballar a SEMANA DA PRENSA:

LA PRENSA:MATERIALES DE LENGUA Y LITERATURA

EL PERIÓDICO.Todo o que tes que saber sobre os xornais.

PROGRAMA PRENSA-ESCUELA.LA VOZ DE GALICIA


LA NOTICIA





EL PERIÓDICO





EL PERIÓDICO EN LAS AULAS


No hay comentarios:

Publicar un comentario