jueves, 30 de marzo de 2017

VISITA DE DANIEL HERNÁNDEZ CHAMBERS A NOSA BIBLIOTECA


O 16 de marzo o alumnado de quinto contou coa presenza de Daniel Hernández Chambers autor do libro o El secreto de Enola.Con motivo do libro proposto no itineraio lector  polo equipo docente de cada nivel e que o alumnado que leron nas aulas.

As voluntarias presentaron ao autor

O autor faloulles como xurdira a idea do libro, El secreto de Enola. O punto de partida foi unha noticia que lera fai tempo nos xornais: nun casa antiga de Inglaterra aparecera un esqueleto dunha pomba que tiña suxeita nunha das súas patas unha cápsula cunha mensaxe secreda no seu interior,e por mais que intentaron descifrar a súa mensaxe ninguén puidera logralo. Mesmo solicitaran colaboración a través de internet. Isto levouno a invetigar o tema e a documentarse sobre as pombas mensaxeiras, que sempre lle chamaran a atención.

O feito desta mensaxe continua a ser un misterio, así como a identidade do seu emisor e tamén de quen o tiña que recibir, polo que animouse a sentarse e poñerse e escribir.

Explicoulles como era o proceso que seguí para escribir os seus libros.O libro estaba adicado a un médico que curara o seu fillo Martín.Foi moi entretido e pasámolo moi ben .






Os traballos do alumnado sobre o autor e o libro


lunes, 27 de marzo de 2017

I CAMPIONATO DE XADREZ


Os xoves contamos na biblioteca coa sección de xoves, xogamos e moitos dos rapaces que acuden son moi afeccionados o xadrez.Por este motivo,pensamos que era unha boa idea organizar un campionato. O campionato terá lugar na biblioteca na hora do recreo dos xoves.


Tiveron que inscribirse na Biblioteca e as profes de biblio fixeron as parellas. O alumnado de 4º, 5º e 6º son os participantes no campionato. Terá lugar durante marzo e abril. O equipo de voluntarios son os encargados de preparar o material ,controlar o xogo e escribir os gañadores de cada partida.







martes, 21 de marzo de 2017

CENTENARIO DE GLORIA FUERTES. DÍA DA POESÍA


Hoxe adicamos o DÍA DA POESÍA a conmemorar o centenario do nacemento de GLORIA FUERTES  (Madrid, 28 de julio de 1917-27 de noviembre de 1998), unha das  nosas  poetas máis queridas.Ela adicou unha grande parte da súa vida e a súa obra aos nenos.

A biblioteca propuso as titorias celebrar este día cun apadriñamento lector traballando poemas de Gloria Fuertes.O alumnado preparou nas aulas poemas da autora que despois recitaron aos seus afillados.Tamén prepararon diferentes agasallos para lembrar esta conmemoración:marcapaxinas,debuxos,  ilustrados da autora,...











Na biblioteca temos unha exposición de libros da autora para traballar nas titorias.

DÍA DA POESÍA.EXPOSICIÓN DE LIBROS


Recursos para coñecer a GLORIA FUERTES.






lunes, 20 de marzo de 2017

VISITA DO VOLUNTARIADO DE LECTURA AO SALÓN DO LIBRO

O martes 14 de marzo un equipo dos voluntarios da biblioteca visitaron o XVIII salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra como alumno colaborador.O tema deste ano era o mundo que queremos.Na visita realizaron un taller e unha visita guiada os diferentes recunchos do salón.


OS VOLUNTARIADOS NO SALÓN DO LIBRO, CO SEU TRABALLO

A chegada o salón do libro recibiunos Orbil, a mascota do salón.Seguidamente asináronnos un monitor que foi o encargado de levarnos o taller e facernos a visita guiada .Pasámolo xenial, aprendimos un montón de cousas e disfrutamos vendo os traballos dos demais colexios que se presentaran o salón.






Gustounos moito ver os bocetos de Victor Rivas sobre o libro de Escarlatina e Esmeraldina .O primeiro leramolo o ano pasado no club de lectura e o segundo estámolo a ler na clase dentro do itinerario lector de sexto.












martes, 14 de marzo de 2017

RADIOSABIDIÑA


Lara


Marta L. e Lara


Marta L.





O luns 6  de marzo  Marta L. e Lara, axudantes de biblioteca e representantes de RadioSabidiña acudiron a dar uns recados a Radio Altamira na sección de "Sabidiña informa".As novas foron as seguintes:

  • Semana da prensa do 6 ao 10 marzo.Contamos na biblioteca cun espacio adicado os xornais, revistas e como non o xornal O Papagaio.
  • O día 8 de marzo celébrase o Día da Muller Traballadora, desde a biblioteca queremos concienciar a todos e todas cunha exposición de libros e a prexección no recreo do conto: o libro dos porcos.
  • O día 14 de marzo os voluntarios do equipo de biblioteca acudirán o Salón do libro de Pontevedra para participar nunha actividade e unha visita á exposición, como alumnado colaborador.

Por último, o equipo de biblioteca quere agradecer os voluntarios de 6º   a preparación  con  tanto cariño da visita  á residencia da terceira idade Castro Lar, esperamos que non sexa a última.



E RECORDADE AMIGOS E AMIGAS QUE AÍNDA QUE NON A MIREDES, SABIDIÑA ESTÁ AGOCHADIÑA ENTRE OS LIBROS.



domingo, 12 de marzo de 2017

O VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA PARTICIPA NO XVIII DO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

MAQUETA DO VOLUNTARIADO DE LECTURA DA BIBLIOTECA CEP ALTAMIRA








Este ano os alumnos do voluntariado de Biblioteca do CEP Altamira participan no XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que celébrase do 10 de marzo ao 2 de abril.Nesta edición o lema do Salón era: " O mundo que queremos", con especial referencia a aspectos como o medio ambiente, a solidariedade, a vellez, a inmigración, etc.

Os alumnos participan coa elaboración dunha maqueta que representa o mundo que desexan, poñendo en valor aspectos como: colaboración, cultura, respecto, educación cívica, medio ambiente....O proxecto da maqueta foi elaborado baixo a supervisión das profes do equipo de biblioteca Eva, Vivi, Anabel e Ángeles.

O próximo martes 14 de marzo,os voluntarios de biblioteca asistirán ao Salón como "alumnado colaborador", para realizar unha actividade e unha visita guiada.





De luns a venres: De 17:00 a 20:00 h.

Os sábados, domingos e festivos: De 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h