jueves, 30 de marzo de 2017

VISITA DE DANIEL HERNÁNDEZ CHAMBERS A NOSA BIBLIOTECA


O 16 de marzo o alumnado de quinto contou coa presenza de Daniel Hernández Chambers autor do libro o El secreto de Enola.Con motivo do libro proposto no itineraio lector  polo equipo docente de cada nivel e que o alumnado que leron nas aulas.

As voluntarias presentaron ao autor

O autor faloulles como xurdira a idea do libro, El secreto de Enola. O punto de partida foi unha noticia que lera fai tempo nos xornais: nun casa antiga de Inglaterra aparecera un esqueleto dunha pomba que tiña suxeita nunha das súas patas unha cápsula cunha mensaxe secreda no seu interior,e por mais que intentaron descifrar a súa mensaxe ninguén puidera logralo. Mesmo solicitaran colaboración a través de internet. Isto levouno a invetigar o tema e a documentarse sobre as pombas mensaxeiras, que sempre lle chamaran a atención.

O feito desta mensaxe continua a ser un misterio, así como a identidade do seu emisor e tamén de quen o tiña que recibir, polo que animouse a sentarse e poñerse e escribir.

Explicoulles como era o proceso que seguí para escribir os seus libros.O libro estaba adicado a un médico que curara o seu fillo Martín.Foi moi entretido e pasámolo moi ben .






Os traballos do alumnado sobre o autor e o libro


No hay comentarios:

Publicar un comentario