martes, 31 de octubre de 2017

ANIMACIÓN Á LECTURA.SAMAÍN

O luns 30 de outubro tivemos na biblioteca unha sesión de contacontos para o primeiro ciclo con motivo da celebración do SAMAÍN. Os contos elexidos foron :"A miña amiga a escuridade"  e "Feliz halloween".A profe Eva, foi a encargada de contalos.Gracia Eva, por adicarnos o teu tempo para disfrutar cos contos.






Eva contando os contos aos nenos do 1º ciclo




Na Biblioteca temos unha exposición de libros de medo  para ler nos recreos e nas horas de tutoria que as aulas teñen asinadas na bibioteca.



Aqui tedes uns videos para cantar no Samaín.

Canción con pictogramas SAMAÍN de mamá cabra



Samaín esqueletos.

martes, 24 de octubre de 2017

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial. O cartel e"pregón" deste ano 2017 pódese consultar pregón día das bibliotecas







A nosa Biblioteca quixo conmemorar este día cunha exposición de libros temáticos  sobre a celebración   do Samain.Tamén a biblioteca contou cunha decoración relacionada coa festividade realizada pola profe Ana, membro do equipo de biblioteca.






viernes, 20 de octubre de 2017

FORMACIÓN DE USUARIOS

As aulas de 4ºC, 1ºC, 6ºA, 3ºB e 6ºD visitaron hoxe a biblioteca para asistir a formación de usuarios, recibir a entrega da mochila viaxeira e completar os cadros do proxecto anual.












AULA DE 4ºC

AULA DE 6ºA

AULA DE 3ºB

AULA DE 6º D

AULA DE 1ºC

jueves, 19 de octubre de 2017

FORMACIÓN DE USUARIOS

Hoxe visitaron a biblioteca as aulas de : 6ºB,5ºB,2ºB e 4ºB para continuar coa formación de usuarios ,recibir a mochila viaxeira e completar o quebracabezas  dos cadros do proxecto anual.














AULA DE 6º B

AULA DE 2º B

AULA DE 4ºB

AULA DE 5º B


miércoles, 18 de octubre de 2017

APERTURA DA BIBLIOTECA:FORMACIÓN DE USUARIOS

Coa apertura da Biblioteca comenza a Formación de usuarios que se terá lugar os días  18 ao 24 de outubro.Os membros da Comisión de Biblioteca serán os encargados de impartirla ao alumnado e os mestres, durante a hora que cada titoria ten adxudicada no horario semanal da Biblioteca.

Na formación trataremos sobre todo os seguintes puntos: lembrar as normas de uso da biblioteca, normas de uso na hora do recreo e a participación do alumnado voluntario de quinto e sexto,normas de préstamo e colocación dos libros e o uso de internet na biblioteca.


Aproveitando a visita á biblioteca cada aula recibirá  a Mochila Viaxeira.Este curso serán 26 mochilas que viaxarán as casas dende o mes de outubro ata comenzos de xuño que regresen a biblioteca.


Hoxe visitaron a bibliotecas as aulas :1ºB, 2ºA,3ºD,2ºD e 2ºC.Nesta visita aproveitamos para iniciar o proxecto anual, este ano adicado a arte.Cada nivel ten un cadro asignado que debe compoñer con pezas entre todas as aulas dese nivel ao rematar a sesión de formación.



Contando a historia da nosa mascota Sabidiña 



Explicación da colocación dos libros na biblioteca 

Aprendendo a colocar os libros


Collendo os libros de préstamo




Presentanción do contido da Mochila Viaxeira


Compoñendo os cadros do proxecto






 Fotos de Aulas que hoxe visitaron a Biblioteca.

AULA DE 1ºB

AULA DE 2ºA



AULA DE 2 ºD

AULA DE 2º C