Coa apertura da Biblioteca comenza a Formación de usuarios que se terá lugar os días 18 ao 24 de outubro.Os membros da Comisión de Biblioteca serán os encargados de impartirla ao alumnado e os mestres, durante a hora que cada titoria ten adxudicada no horario semanal da Biblioteca.
Na formación trataremos sobre todo os seguintes puntos: lembrar as normas de uso da biblioteca, normas de uso na hora do recreo e a participación do alumnado voluntario de quinto e sexto,normas de préstamo e colocación dos libros e o uso de internet na biblioteca.
Aproveitando a visita á biblioteca cada aula recibirá a Mochila Viaxeira.Este curso serán 26 mochilas que viaxarán as casas dende o mes de outubro ata comenzos de xuño que regresen a biblioteca.
Hoxe visitaron a bibliotecas as aulas :1ºB, 2ºA,3ºD,2ºD e 2ºC.Nesta visita aproveitamos para iniciar o proxecto anual, este ano adicado a arte.Cada nivel ten un cadro asignado que debe compoñer con pezas entre todas as aulas dese nivel ao rematar a sesión de formación.
Contando a historia da nosa mascota Sabidiña |
Explicación da colocación dos libros na biblioteca |
Collendo os libros de préstamo |
Presentanción do contido da Mochila Viaxeira |
Compoñendo os cadros do proxecto |
Fotos de Aulas que hoxe visitaron a Biblioteca.
AULA DE 1ºB |
AULA DE 2ºA |
AULA DE 2 ºD |
AULA DE 2º C |
No hay comentarios:
Publicar un comentario