viernes, 22 de febrero de 2019

MANDADOS DA MECA-ENTROIDO

MANDADOS DA MECA.

MANDA E O RESTO APANDA


Estamos no tempo de Entroido ,con el chegan os mandados da meca.A semana do 25 ao 28 de febreiro podedes vir seguindo as súas ordes.









O día 1 de marzo teremos o pasarrúas polo pobo dos  centros educativos: E.I. Xoaniña, E.I. A Galiña Azul, CRA Raíña Aragonta, CEP Altamira e IES Pedras Rubias.Ao rematar o desfile,no patio degustaremos as sobremesas que apaortarán as familias típicas desta data.




No nosos centro disfrazarémonos segundo o proxecto de biblioteca ´´Sabidiña polo mundo´´.Cada nivel elixiu o disfraz segundo o continente que están a traballar.



jueves, 21 de febrero de 2019

ACTIVIDADES DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Como xa sabedes  o día 24 de febreiro conmemórase  o DÍA DE ROSALÍA, dende a biblioteca realizaremos diferentes actividades para lembrar a esta poetisa galega tan importante.



miércoles, 20 de febrero de 2019

INAGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Hoxe foi un día moi especial para a nosa biblioteca, despois de varios meses pechada polas obras que se levaron a cabo no noso centro xa podemos inagurala.
Para esta inaguración contamos cuns músicos de excelencia coñecidos por todos nós, xa que son mestres do noso centro.Eles son Belén, Paco , Paula e Xosé Carlos
Dende o equipo de biblioteca,queremos agradecerlles o tempo que adicaron para preparala e ofrecernos este pequeno concerto.
Interpretáronnos unha peza moi galega ´´A rianxeira´´.Para finalizar , todos xuntos cantamos a canción.
Os voluntarios de biblioteca , María, Antón L. e Pablo foron os encargados de levar a cabo a presentación do acto .


Xosé Carlos, Paco, Paula e Belén







lunes, 18 de febrero de 2019

ROSALÍA DE CASTRO, RECURSO PARA TRABALLAR

Podedes consultar os diferentes enlaces para achegarvos a figura desta poetisa galega.


  • Fundación Rosalía de Castro




  • Poemas de Rosalia de Castro




  • Autores homenaxeados-Rosalía de Castro


  • Pequena biografía baseada no libro´´Rosalía´´ editado pola fundación Rosalia De Castro.





Rosalía pequeniña' é o título libro-disco de Uxía Senlle na Editorial Galaxia adicado a Rosalía.



"Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía Castro interpretado por AMANCIO PRADA.





domingo, 17 de febrero de 2019

14 DE FEBREIRO, OBRADOIRO DE PAIPIROFLEXIA

Para conmemorar o 14 de febreiro, a nosa compañeira Vivi, membro o equipo de biblioteca, ensinounos a facer un marcador de libros  moi divertido e fácil en forma de corazón.Os axudantes de biblioteca como sempre dispostos a botar unha man e mesmo animáronse a facer un.

Grazas Vivi por ensinarnos a facer cousas tan útiles e divertidas coa pairoflexia, cada día gústanos máis.



Marcador de libros ´´corazón´´


VIVI CO SEU MARCADOR DE LECTURA



















sábado, 16 de febrero de 2019

24 DE FEBREIRO , DíA DE ROSALIA

O calendario do Libro e da Lectura  que publica a Secretaria Xeral de Cultura recolle o día 24 de febreiro como o  aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.Para a edición de 2019 Ana Romaní é a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, que terá lugar o propio domingo 24 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela.

Rosalía vive na voz de nenos e nenas que recitan os seus poemas;as mozas e mozos descubren nos seus versos á muller que é, como ben dicía  a escritora viguesa Ledicia Costas "unha xigante que non precisa respiración asistida, nin prantos, nin ritos florais. Os pulmóns da súa obra aférranse ao futuro e ínflanse coa forza dun país que respira cultura por cada fenda"


Campanas de Bastabales  de Rosalía de Castro interpretado por Amancio Prada.

miércoles, 13 de febrero de 2019

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2019 EN RADIO ALTAMIRA


No ano 2013 a ONU aprobou a proclamación da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación de Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a coperación internacional entre os organismos de radiodifusión."

Este ano celébrase co lema: "Diálogo, tolerancia e paz"

Os alumnos do Obradoiro de Radio de quinto prepararon este programa especial no Día Mundial da Radio.É un bo momento para difundir as experiencias que promoven o traballo colaborativo en ambientes de tolerancia, respecto e integración. 

Noraboa rapaces polo voso traballo.



martes, 12 de febrero de 2019

RADIOSABIDIÑA

O venres,AINHOA, IKER, MARA e SHEYLA axudantes de biblioteca e representantes de RadioSabidiña  acudiron a dar uns recados a Radio Altamira na sección de "Sabidiña informa".As novas foron as seguintes:



  • Apertura da biblioteca nos recreos con diversas actividades que tedes colocadas no panel de pictogramas.
  • Obradoiro de papiroflexía a cargo da profe Vivi coa colaboración dos voluntarios de biblioteca.
  • Obradoiro de papiroflexia a cargo da mestra Vivi no día dos namorados cun corazón a modo de marcador de lectura.
  • Concerto de inaguración oficial .
  • Sección de novidades.
  • Participación dos voluntarios nas actividades de biblioteca.

Aqui tedes a  gravación de bibliosabidiña e  a participación dos nosos estupendos voluntarios.

Ainhoa,Iker, Sheyla e Mara,axudantes de Sabidiña




RADIOSABIDIÑA from Bibliosabidiña on Vimeo.

martes, 5 de febrero de 2019

NOVIDADES DA BIBLIOTECA

Xa temos na biblioteca novas adquisicións de libros. Tédelas colacadas na estantería de exposición de NOVIDADES. Podedes botarlle unha ollada e xa sabes que durante quince días estarán na exposición para consultar. Despois pasarán as estanterías de préstamos para  que disfrutedes dos novos títulos.

Non vos esquezades de botar no buzón de suxestións as vosas propostas, para ter en conta a hora de mercar novos libros.



1º CICLO

2º CICLO


3º CICLO

lunes, 4 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ, ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA


  • OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA
Hoxe 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz .Na biblioteca contamos  esta semana  cun obradoiro de papiroflexia que impartiu a mestra Vivi, membro do equipo de biblioteca, os voluntarios axudaron en todo monento  para levar a cabo a elaboración da pomba da paz.















OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA-PAZ from Bibliosabidiña on Vimeo.

  • EXPOSICIÓN TEMÁTICA ´´LECTURAS POLA PAZ´´
  • No expositor tedes  unha exposición de libros ,lecturas pola paz, para traballar esta conmemoración.Podedes consultar os libros na hora de biblioteca ou ben nos recreos.






    • ÁRBORE DOS DESEXOS

    Cada titoria aportou unha mensaxe para fomentar a convivencia, valores ou actitudes importantes para lograr a paz.