O calendario do Libro e da Lectura que publica a Secretaria Xeral de Cultura recolle o día 24 de febreiro como o aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.Para a edición de 2019 Ana Romaní é a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, que terá lugar o propio domingo 24 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela.
Rosalía vive na voz de nenos e nenas que recitan os seus poemas;as mozas e mozos descubren nos seus versos á muller que é, como ben dicía a escritora viguesa Ledicia Costas "unha xigante que non precisa respiración asistida, nin prantos, nin ritos florais. Os pulmóns da súa obra aférranse ao futuro e ínflanse coa forza dun país que respira cultura por cada fenda"
Campanas de Bastabales de Rosalía de Castro interpretado por Amancio Prada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario