DÍA MUNDIAL DA RADIO 2019 EN RADIO ALTAMIRA
No ano 2013 a ONU aprobou a proclamación da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación de Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a coperación internacional entre os organismos de radiodifusión."
Este ano celébrase co lema: "Diálogo, tolerancia e paz"
Os alumnos do Obradoiro de Radio de quinto prepararon este programa especial no Día Mundial da Radio.É un bo momento para difundir as experiencias que promoven o traballo colaborativo en ambientes de tolerancia, respecto e integración.
Noraboa rapaces polo voso traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario