jueves, 29 de octubre de 2015
CONTACONTOS DE 3º C NA BIBLIOTECA
Hoxe Antía, Sheila M.,Mario, Ana, Sheila, Marcos, Omar, Antonio, Izan, Ainhoa e Ainoa alumn@s de 3º C coa axuda da súa profe Susana contáronnos unhas poesías de samain. As poesías foron: As bruxas trillizas,O fantasma Cucufate, O fantasma Justo e copla do samaín.
miércoles, 28 de octubre de 2015
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
Como sabedes estamos no SAMAÍN, así que hoxe os nen@s do primeiro ciclo participaron nun contacontos . O libro elexido foi CORRE, CORRE CABACIÑA, ademais de ler o conto cantamos a canción coa axuda da profe de música, Paula.
Na Biblioteca temos unha exposición de libros de medo para ler nos recreos e nas horas de tutoria que as aulas teñen asinadas na biblio.Sabidiña, a nosa mascota quixo tamén disfrazarse para esta ocasión. As profes da Biblio ,Coral e Vivi foron as encargadas da decoración .
SABIDIÑA disfrázase de bruxa |
Aqui tedes as fotos do contacontos e a canción para volvela a escoitar.
sábado, 24 de octubre de 2015
24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA - RADIO SABIDIÑA
O 24 de Outubro é recoñecido como o Día da Biblioteca, desde que hai anos comezara a celebrarse grazas ao empeño d aAsociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, no 1997. Amparado agora polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, o DÍA DA BIBLIOTECA celébrase en todo o estado e serve para dar visibilidade a todas e cada unha das bibliotecas que abren as súas portas día a día para acoller ás persoas en procura de lectura e de coñecemento, pero tamén de espazos "amigables" nos que compartir experiencia lectora, pensar e traballar xunto con outros en proxectos diversos. Porque iso son as actuais bibliotecas, eses "terceiros lugares" capaces de acollernos e axudarnos a desenvolver proxectos persoais de moi distinto tipo.
As bibliotecas escolares celebran todos os días a súa existencia, froito dos esforzos das comunidades educativas que as poñen en pé, pero tamén arredor desta data, e durante todo o mes de outubro, sucédense actividades ao longo das bibliotecas dos nosos centros, dedicadas a dar a coñecer as súas posibilidades, ensinar ao alumnado a usar os seus recursos e animar a grandes e pequenos a que aproveiten as súas oportunidades: libros, materiais audiovisuais, recursos electrónicos, equipamentos, espazos atractivo, actividades tentadoras (recitais, presentacións, lecturas compartidas, acompañamentos lectores, hora do conto, "olimpiadas do saber", exposicións e presentacións de traballos, formación de usuarios e usarias, "aprender a investigar", mochilas viaxeiras, clubs de lectura... ). As bibliotecas como base de exploración persoal e colectiva, como inicio de viaxes reais ou imaxinarias, como espazo de encontro consigo mesmo e cos outros.
Cada ano encárgase a un escritor e a un ilustrador a redacción do pregón e o diseño que é difundido entre todas as Bibliotecas.Este ano o autor é DIEGO ARBOLEDA,Premio Nacional de Literatura Infantil 2014 e a ilustradora Leticia Ruifernández.
http://www.oepli.org/desc/noticias/Pregon.pdf( Pregón do Día da Biblioteca)Cartel DÍA DA BIBLIOTECA |
O Venres 23 de Outubro, Alex , colaborador de Sabidiña, anunciou en RadioSabidiña que o luns 26 sería a apertura da nosa biblioteca.Quedando así inagurada a Biblioteca.Tamén recordou que na biblio temos que cumplir unhas normas e que é un espazo para ir a disfrutar dos libros.
ALEX, colaborador de Sabidiña |
jueves, 22 de octubre de 2015
miércoles, 21 de octubre de 2015
FORMACIÓN DE USUARIOS
O martes seguimos coa Formación de usuarios na biblioteca.
Os grupos que hoxe participaron na sesión foron:6ª C, 2ºB, 6ºB, 1ºD e 4ºD.
martes, 20 de octubre de 2015
FORMACIÓN DE USUARIOS
O luns comenzou na nosa Biblioteca a Formación de Usuarios .O alumnado acompañado do titor/a na súa hora de biblioteca acude a una sesión de Formación que imparten o Equipo de Biblioteca. Aproveitando a súa visita reciben a Mochila Viaxeira da súa aula.Este ano tres Voluntarios do curso pasado,Raúl - Sara - Lucía, cóntanlles os nenos de primeiro a súa experiencia como axudantes de Biblioteca .
Os Voluntarios Raúl, Sara e Lucía colaborando na Formación |
Fotos dos grupos que asistiron o luns a Formación de Usuarios.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)