sábado, 24 de octubre de 2015

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA - RADIO SABIDIÑA

O 24 de Outubro é recoñecido como o Día da Biblioteca, desde que hai anos comezara a celebrarse grazas ao empeño d aAsociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, no 1997. Amparado agora polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, o DÍA DA BIBLIOTECA celébrase en todo o estado e serve para dar visibilidade a todas e cada unha das bibliotecas que abren as súas portas día a día para acoller ás persoas en procura de lectura e de coñecementopero tamén de espazos "amigables" nos que compartir experiencia lectora, pensar e traballar xunto con outros en proxectos diversos. Porque iso son as actuais bibliotecas, eses "terceiros lugares" capaces de acollernos e axudarnos a desenvolver proxectos persoais de moi distinto tipo.
As bibliotecas escolares celebran todos os días a súa existencia, froito dos esforzos das comunidades educativas que as poñen en pé, pero tamén arredor desta data, e durante todo o mes de outubro, sucédense actividades ao longo das bibliotecas dos nosos centros, dedicadas a dar a coñecer as súas posibilidades, ensinar ao alumnado a usar os seus recursos e animar a grandes e pequenos a que aproveiten as súas oportunidades: libros, materiais audiovisuais, recursos electrónicos, equipamentos, espazos atractivo, actividades tentadoras (recitais, presentacións, lecturas compartidas, acompañamentos lectores, hora do conto, "olimpiadas do saber", exposicións e presentacións de traballos, formación de usuarios e usarias, "aprender a investigar", mochilas viaxeiras, clubs de lectura... ). As bibliotecas como base de exploración persoal e colectiva, como inicio de viaxes reais ou imaxinarias, como espazo de encontro consigo mesmo e cos outros. 



Cada ano encárgase a un escritor e a un  ilustrador a redacción do pregón e o diseño que é difundido entre todas as Bibliotecas.Este ano o autor é DIEGO ARBOLEDA,Premio Nacional de Literatura Infantil 2014 e a ilustradora Leticia Ruifernández.

http://www.oepli.org/desc/noticias/Pregon.pdf( Pregón do Día da Biblioteca)
Cartel DÍA DA BIBLIOTECA

O Venres  23  de Outubro, Alex , colaborador de Sabidiña, anunciou en RadioSabidiña  que o luns 26 sería a apertura da nosa biblioteca.Quedando así inagurada a Biblioteca.Tamén recordou que na biblio temos que cumplir unhas normas e que é un espazo para ir a disfrutar dos libros. 


ALEX, colaborador de Sabidiña








No hay comentarios:

Publicar un comentario