EN MARCHA COAS MOCHILAS VIAXEIRAS
Xa están preparadas as MOCHILAS VIAXEIRAS para viaxar un ano máis os fogares do noso alumnado para que poidan disfrutar da lectura compartindo un intre en familia. Serán 24 mochilas que viaxaran as casas dende o mes de outubro ata maio que regresarán a Biblioteca.Os titores farán entrega cada semana da mochila a un alumn@. As mochilas viaxeiras son un vínculo entre o alumnado , as familas e a biblioteca e proporciona a oportunidade de facer lecturas compartidas e conversas sobre os libros.
Cada familia é importante:
- Puntualidade á hora de entregar a mochila.
- Coidar do seu contido.
- Comprobar que o seu contido este completo.
- Desfrutar xuntos do material.
O contido da Mochila é variado:
- Nota para ás familias, recomendacións.
- Materiais diversos: contos, comics, DVD, revista, libro de inglés, Cd de música.
- Caderno viaxeiro .No que cada familia escribirá: o nome do alumno/a, a data que recibe a mochila e a entrega ao cole, o que máis lle gustou ou mesmo un debuxo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario