sábado, 27 de mayo de 2017
viernes, 26 de mayo de 2017
TEATRO DO VOLUNTARIADO: OS SETE CABUXIÑOS E O LOBO
O mércores 24 de maio , os voluntarios de Biblioteca representaron para o alumnado de primerio e segundo nivel a obra: OS SETE CABUXIÑOS E O LOBO, baixo a dirección da profe EVA, membro do Equipo de biblioteca.A obra foi presentada por Candela e Yoli, voluntarias do equipo de Biblioteca.
Noraboa a tod@s polo traballo,esforzo e todas as horas de ensaio .
Candela e Yoli presentando a obra de teatro |
sábado, 20 de mayo de 2017
LETRAS GALEGAS ,EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega preparou unha proposta de actividades para conmemorar as Letras Galegas.Foron as seguintes:
- Venres 5 de maio os alumnos/as de 1º, 2º e 3º nivel acudiron ao auditorio de Salceda para ver a representación da obra A GALIÑA AZUL a cargo do grupo Ubú teatro.
- Venres 12 de maio o grupo de animación A run run xogos e enredos acudiu o noso colexio para deleitarnos coas seguintes actuacións:
Obra de teatro titulada :Dixo Thais e non se fale máis, para os alumnos de 4º, 5º e 6º nivel.E Contos na Maleta para o alumnado de 1º, 2º e 3º nivel.
- Martes 16 de maio o alumnado do obradoiro de teatro de 6º nivel representou a obra teatral :As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, para todo o alumnado do cole en dúas actuacións.
- O xoves 18 de maio tivo lugar o festival do 3º ciclo e tamén acudiron ao centro o grupo MAIMIÑAS para os niveis de 1º, 2º e 3º.
- O venres 19 de maio tivo lugar o festival do 1º e 2º ciclo,e o alumnado de 4º, 5º e 6º nivel contaron coa actuación do grupo ALGARABÍA.
- A maiores houbo varias EXPOSICIÓNS:
- Exposición de parte do decorado e traxes da obra : As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, cedido polo Centro Dramático Galego.
- Exposición de ferramentas de VELLOS OFICIOS:( barbeiros, cesteiros, latoeiros, costureiras e zapateiros.)
- Exposición relativa a , CARLOS CASARES, realizada coas aportacións dos alumnos de 6º nivel.
lunes, 15 de mayo de 2017
LETRAS GALEGAS 2017, CARLOS CASARES
O escritor Carlos Casares (Ourense, 1941-Nigrán, 2002) é o homenaxeado no Día das Letras Galegas no 2017, segundo a decisión pola Real Academia Galega (RAG).
Dende a biblioteca temos unha exposición de libros do autor e tamén realizaremos un obradoiros de marcapaxinas na súa lembranza.
Marcador adicado a CARLOS CASARES |
O alumnado de segundo nivel realizou unha exposición de caritaturas do autor, un traballo moi colorido e xenial!!!
Paxinas para traballar a figura de CARLOS CASARES.
- Seminario Galán
http://www.aelg.org/centro-documentacion/autores-as/carlos-casares
Suscribirse a:
Entradas (Atom)