No CEP Altamira de Salceda de Caselas celebramos ao longo desta semana a conmemoración do Día do Libro a través de diversos actos, coordinados dende o equipo de biblioteca.
As actividades levadas a cabo foron moitas e diversas:
- EXPOSICIÓN DE TRABALLOS sobre o proxecto de historia:Sabidiña viaxa a través da historia.
- APADRIÑAMENTO LECTOR
As aulas do noso centro participaron no APRADRIÑAMENTO LECTOR do Día do libro,o alumnado de 4º, 5º e 6º apradiñou os máis pequenos de 1º, 2º e 3º nunha actividade de lectura compartida.Os padriños /madriñas escolleron un libro da biblioteca durante a semana, tendo en conta a idade dos seus afillados/as na súas de sesións biblioteca , acudiron as aulas a coñecer os seus afillados e foron a recollelos as aulas para ir xuntos ao patio e compartir a lectura do libro elexido.Entre os obxectivos desta actividade estan:Animar a ler ao alumnado, tanto aos maiores como aos máis pequenos,favorecer a comunicación e afectividade entre os alumnos de distintas idadesfFavorecer o saber escoitar,Implicar aos rapaces maiores no proceso de aprendizaxe dos pequenos e fomentar a convivencia: escoita ao outro, respecto...
Este ano contamos coa presenza e participación do inspector do centro, Miguel Hernández.Foi o encargado de abrir o acto coa lectura do primeiro capitulo de El Quijote dende as instalacións de Radio Altamira ,a emisora do centro.
- CONCERTO DIDÁCTICO
Para rematar o acto un grupo de alumnos interpretaron varias pezas musicais, a cargo da profe de Música Paula.
Queremos agradecer especialmente o Sr. inspector Miguel Hernández a súa participación nestes actos do Día do Libro.Así mesmo a toda a comunidade educativa pola súa implicación e participación.
O Sr. inspector recibindo da nosa directora un agasallo en lembranza deste dia. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario