jueves, 11 de mayo de 2017

RADIOSABIDIÑA

Lara e Marta Lemos en RadioSabidiña




O luns 8  de maio  Marta L. e Lara, axudantes de biblioteca e representantes de RadioSabidiña acudiron a dar uns recados a Radio Altamira na sección de "Sabidiña informa".As novas foron as seguintes:

  • Como todos os anos na semana do libro celebrámolo por todo o alto:contacontos, exposición, obradoiros...Este ano contamos coa presenza do noso inspector Miguel Hernández que abriu o acto do  apadriñamento lector lendo un fragmento do Quixote .Moitas grazas.
  • Na biblioteca tedes a exposición  feitas polas aulas do noso proxecto:Sabidiña pasea pola historia.Tedes que visitala está precisosa.
  • No 2017 cumple 80 anos o cadro de Picaso , O Guernica...os alumnos de sexto fixeron unha interpetración do mesmo , quedoulles preciosa,tamén a tedes na exposción dos traballos.
  • Como xa sabes este ano as Letras Galegas van adicadas a Carlos Casares,escritor de obras como As laranxas máis laranxas de tódalas as laranxas,obra que están a traballar os alumnos do obradoiro de teatro e que representaran na semana de Letras.Na biblioteca tedes unha exposción de libros escritos polo autor e teremos un obradoiro de marcapáxinas adicado a Carlos Casares.
  • Proximamente seguiremos co torneo de xadrez,xa estamos nas semifinais, estade atentos.
  • E por último dar as grazas os voluntarios e voluntarias por tdo o seu traballo.Proximamente representaran unha peza de teatro que están a preparan con moito esmero.

E RECORDADE AMIGOS E AMIGAS QUE AÍNDA QUE NON A MIREDES, SABIDIÑA ESTÁ AGOCHADIÑA ENTRE OS LIBROS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario