sábado, 20 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS ,EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega preparou unha proposta de actividades para conmemorar as Letras Galegas.Foron as seguintes:

  • Venres 5 de maio os alumnos/as de 1º, 2º e 3º nivel acudiron ao auditorio de Salceda para ver a representación da obra A GALIÑA AZUL a cargo do grupo Ubú teatro.



  • Venres 12 de maio o grupo de animación A run run xogos e enredos acudiu o noso colexio para deleitarnos coas seguintes actuacións:
Obra de teatro titulada :Dixo Thais e non se fale máis, para os alumnos de 4º, 5º e 6º nivel.E Contos na Maleta para o alumnado de 1º, 2º e 3º nivel. 


  • Martes 16 de maio o alumnado do obradoiro de teatro de 6º nivel representou a obra teatral :As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, para todo o alumnado do cole en dúas actuacións.



  • O xoves 18 de maio tivo lugar o festival do 3º ciclo e tamén acudiron ao centro o grupo MAIMIÑAS para os niveis de 1º, 2º e 3º.






  • O venres 19 de maio tivo lugar o festival do 1º e 2º ciclo,e o alumnado de 4º, 5º e 6º nivel contaron coa actuación do grupo ALGARABÍA.





  • A maiores houbo varias EXPOSICIÓNS:
  • Exposición de parte do decorado e traxes da obra : As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, cedido polo Centro Dramático Galego.




  • Exposición de ferramentas de VELLOS OFICIOS:( barbeiros, cesteiros, latoeiros,  costureiras e zapateiros.)



  • Exposición relativa a , CARLOS CASARES, realizada coas aportacións dos alumnos de 6º nivel.


No hay comentarios:

Publicar un comentario