jueves, 29 de junio de 2017

AS MOCHILAS VIAXEIRAS REGRESAN Á BIBLIOTECA - RADIOSABIDIÑA

M O C H I L A S     V I A X E I R A S


As mochilas viaxeiras  están de volta na Biblioteca.Durante todo o curso, o noso alumnado disfrutou das mochilas viaxeiras .Neste curso o seu contido foi diferente intentando mellorarlo,según as propostas das enquisas realizadas o curso pasado.

No caderno das mochilas anotaron as cousas que máis lle gustaron, fixeron debuxos dos libros e diversos comentarios.Que traballos mais chulos.
Esperamos de pasárades un bo rato lendo e compartindo a mochila viaxeira, MOITAS GRACIAS a tod@s polos vosos traballos.

R A D I O S A B I D I Ñ A


LARA E MARTA L.




O xoves 22  de xuño  Marta L. e Lara, axudantes de biblioteca e representantes de RadioSabidiña acudiron a dar uns recados a Radio Altamira na sección de "Sabidiña informa", aproveitaron para despedirse ata o próximo curso.As novas foron as seguintes:


  • O día 19 de xuño sabidiña marcha de vacacións , así que ese día todos os libros de préstamo deben estar de volta na biblioteca para quedar gardados ata o curso que ven.Loxicamente, a partires dese día xa non se fará máis préstamo.
  • O equipo de biblioteca recollerá nas aulas as mochilas viaxeiras desde 0 12 ata o 22 de xuño.
  • E por último dar as grazas e agradecer a tod@s os voluntarios de biblioteca a súa enorme e fantástica labor durante os recreos axudando o equipo de biblioteca.

E RECORDADE AMIGOS E AMIGAS QUE AÍNDA QUE NON A MIREDES, SABIDIÑA ESTÁ AGOCHADIÑA ENTRE OS LIBROS.

martes, 20 de junio de 2017

VISITA DE SABELA GAGO A NOSA BIBLIOTECA

O día 15 de xuño o alumnado de primeiro en dúas sesións tiveron a sorte de contar con SABELA GAGO na nosa biblioteca.

Sabela trouxo consigo contos cargados de aventuras, creatividad, personaxes fantásticos, emocións para os máis pequenos.Todos, nenos e profes, gozamos moítisimo coa animación.
Foi unha xornada fantástica, grazas Sabela!!!









sábado, 17 de junio de 2017

VISITA DE LEDICIA COSTAS A NOSA BIBLIOTECA


O venres 9 de Junio o alumnado de 5º nivel e 6º C recibiron na Biblioteca a escritora viguesa LEDICIA COSTAS, despois de ler nas aulas dous dos seus libros, propostosno itineraio lector polo equipo docente de cada nivel.Tivemos dúas sesións, onde os voluntarios de 5º e 6º foron as encargadas de presentar á autora.O alumnado de 5º nivel:Escarlatina, a cociñeira defunta e 6º C : Esmeraldina, a pequena defunta.

GABRIELA, CANDELA E AINHOA DE 6º

As voluntarias de quinto na súa presentación


Encantounos escoitala falar .Foi unha boa oportunidade para preguntarlle todo aquelo que levaban días preparando e  ela respondeulle a todas as dúbidas que eles tiñan.Falounos da súa aboa, dos personaxes, das súas lecturas cando era nena, de anécdotas que lle aconteceran.....
Ademais os nenos preparaon dúas das receitas : brownie de chocolate e napolitanas de chocolate.Ademais de ensinarlle os traballos que realizaran coa lectura do libro.Para rematar asinou os libros ao alumnado e como non, o libro de lembranza da biblioteca.

Moitas grazas Ledicia pola túa visita, pasámolo xenial e agardamos os próximos libros.




Bocetos realizados por Javier un papi de 6ºC sobre os debuxos do ilustrador Victor Rivas














sábado, 10 de junio de 2017

ENTREGA DE PREMIOS

O venres tivo lugar na biblioteca a entrega de Premios aos gañadores e os finalistas do I CAMPIONATO DE XADREZ organizado pola biblioteca e coa axuda do equipo de voluntarios.Os gañadores foron : Giulio de 4º A, Cián de 5º B e Brayan de 6ºC.Os finalistas foron : Hugo de 4º A, Pedriño de 5ºB e pedro de 6ºB. A profe Anabel,membro do equipo de biblioteca e organizadora do campionato foi a encargada de entregar os premios aos finalistas e Monste, a nosa directora, aos gañadores.Noraboa a todos.








Tamén aproveitamos para agasallar o grupo de alumnos que nos ofreceran o concerto didáctico o Día do Libro dirixidos pola profe de Música, Paula.Moitas grazas por esas pezas musicais tan chulas.Parabéns a tod@s.


Concerto do Día do Libro 2017






jueves, 8 de junio de 2017

O VOLUNTARIADO DE LECTURA PARTICIPA DOS OBRADOIROS CON CHARO



Onte o equipo do Voluntariado de Lectura  do noso centro, contou cuns Obradoiros de Narración Oral e de Lectura impartidos por Charo Pita, como agasallo ao ser elexido entre os oito centros de Galicia incritos no Voluntariado de Lectura-A en función da valoración acadada pola súa memoria de actividades.

Tamén recibirán un diploma e unha camiseta .Parabéns para todos eles polo traballo e a súa implicación que realizan durante todo o ano na biblioteca.

Como temos bastantes voluntarios , un total de 40 nenos e nenas de 5º e 6º que participan nesta iniciativa fixemos dúas sesións : a primeira de 10:00 a 12:00 e a segunda de12:30 a 14:30.

A experiencia foi moi enriquecedora, dinámica e divertida; tiveron a oportunidade de aprender con Charo Pita uns cantos trucos para mellorar a lectura expresiva que poderemos utilizar nas nosas aulas para mellorar tanto a lectura como expresión oral.

Mellorando a lectura expersiva:

  • Preparamos o corpo facendo estiramentos .
  • Preparamosa cara abrindo e pechando cada unha das súas partes.Despois coa boca, facendo vibrar a lingua e os labios.
  • Para vocalizar mellor fixemos diferentes exercicios:xogamos coas vogais,coas sílabas trabadas, recitamos trabalinguas, lemos textos cun bolígrafo posto na boca intentando que os demais nos entenderan.
  • Practicamos diferentes lecturas de textos:lemos só as vogais, lemos todos o mesmo ritmo,un grupo le as preguntas e outro as respostas, xogamos cambiando a velocidade da lectura.
  • Imaxinamos historias coas portadas dos libros e contámolas aos demais.
  • Preparamos en pequenos grupos unha historia cun xogo de cartas que despois contamos aos compañeiros.
  • Preparamos textos para ler.

Agradecer a Charo,o seu entusiasmo, a súa enerxía e a súa alegría.Tamén gustaríanos agradecer á Asesoría de Bibliotecas o seu recoñecemento ao traballo dos nosos voluntarios e darnos a oportunidade de disfrutar dunha xornada tan especial.










Así foi a xornada de Obradoiros con Charo Pita.


Obradoiros con CHARO PITA from Angiefidalgo on Vimeo.