O venres 9 de Junio o alumnado de 5º nivel e 6º C recibiron na Biblioteca a escritora viguesa LEDICIA COSTAS, despois de ler nas aulas dous dos seus libros, propostosno itineraio lector polo equipo docente de cada nivel.Tivemos dúas sesións, onde os voluntarios de 5º e 6º foron as encargadas de presentar á autora.O alumnado de 5º nivel:Escarlatina, a cociñeira defunta e 6º C : Esmeraldina, a pequena defunta.
|
GABRIELA, CANDELA E AINHOA DE 6º
|
|
As voluntarias de quinto na súa presentación
|
Encantounos escoitala falar .Foi unha boa oportunidade para preguntarlle todo aquelo que levaban días preparando e ela respondeulle a todas as dúbidas que eles tiñan.Falounos da súa aboa, dos personaxes, das súas lecturas cando era nena, de anécdotas que lle aconteceran.....
Ademais os nenos preparaon dúas das receitas : brownie de chocolate e napolitanas de chocolate.Ademais de ensinarlle os traballos que realizaran coa lectura do libro.Para rematar asinou os libros ao alumnado e como non, o libro de lembranza da biblioteca.
Moitas grazas Ledicia pola túa visita, pasámolo xenial e agardamos os próximos libros.
|
Bocetos realizados por Javier un papi de 6ºC sobre os debuxos do ilustrador Victor Rivas
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario