O VOLUNTARIADO DE LECTURA PARTICIPA DOS OBRADOIROS CON CHARO
Onte o equipo do Voluntariado de Lectura do noso centro, contou cuns Obradoiros de Narración Oral e de Lectura impartidos por Charo Pita, como agasallo ao ser elexido entre os oito centros de Galicia incritos no Voluntariado de Lectura-A en función da valoración acadada pola súa memoria de actividades.
Tamén recibirán un diploma e unha camiseta .Parabéns para todos eles polo traballo e a súa implicación que realizan durante todo o ano na biblioteca.
Como temos bastantes voluntarios , un total de 40 nenos e nenas de 5º e 6º que participan nesta iniciativa fixemos dúas sesións : a primeira de 10:00 a 12:00 e a segunda de12:30 a 14:30.
A experiencia foi moi enriquecedora, dinámica e divertida; tiveron a oportunidade de aprender con Charo Pita uns cantos trucos para mellorar a lectura expresiva que poderemos utilizar nas nosas aulas para mellorar tanto a lectura como expresión oral.
Mellorando a lectura expersiva:
- Preparamos o corpo facendo estiramentos .
- Preparamosa cara abrindo e pechando cada unha das súas partes.Despois coa boca, facendo vibrar a lingua e os labios.
- Para vocalizar mellor fixemos diferentes exercicios:xogamos coas vogais,coas sílabas trabadas, recitamos trabalinguas, lemos textos cun bolígrafo posto na boca intentando que os demais nos entenderan.
- Practicamos diferentes lecturas de textos:lemos só as vogais, lemos todos o mesmo ritmo,un grupo le as preguntas e outro as respostas, xogamos cambiando a velocidade da lectura.
- Imaxinamos historias coas portadas dos libros e contámolas aos demais.
- Preparamos en pequenos grupos unha historia cun xogo de cartas que despois contamos aos compañeiros.
- Preparamos textos para ler.
Agradecer a Charo,o seu entusiasmo, a súa enerxía e a súa alegría.Tamén gustaríanos agradecer á Asesoría de Bibliotecas o seu recoñecemento ao traballo dos nosos voluntarios e darnos a oportunidade de disfrutar dunha xornada tan especial.
Así foi a xornada de Obradoiros con Charo Pita.
Obradoiros con CHARO PITA from
Angiefidalgo on
Vimeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario