jueves, 29 de junio de 2017

AS MOCHILAS VIAXEIRAS REGRESAN Á BIBLIOTECA - RADIOSABIDIÑA

M O C H I L A S     V I A X E I R A S


As mochilas viaxeiras  están de volta na Biblioteca.Durante todo o curso, o noso alumnado disfrutou das mochilas viaxeiras .Neste curso o seu contido foi diferente intentando mellorarlo,según as propostas das enquisas realizadas o curso pasado.

No caderno das mochilas anotaron as cousas que máis lle gustaron, fixeron debuxos dos libros e diversos comentarios.Que traballos mais chulos.
Esperamos de pasárades un bo rato lendo e compartindo a mochila viaxeira, MOITAS GRACIAS a tod@s polos vosos traballos.

R A D I O S A B I D I Ñ A


LARA E MARTA L.




O xoves 22  de xuño  Marta L. e Lara, axudantes de biblioteca e representantes de RadioSabidiña acudiron a dar uns recados a Radio Altamira na sección de "Sabidiña informa", aproveitaron para despedirse ata o próximo curso.As novas foron as seguintes:


  • O día 19 de xuño sabidiña marcha de vacacións , así que ese día todos os libros de préstamo deben estar de volta na biblioteca para quedar gardados ata o curso que ven.Loxicamente, a partires dese día xa non se fará máis préstamo.
  • O equipo de biblioteca recollerá nas aulas as mochilas viaxeiras desde 0 12 ata o 22 de xuño.
  • E por último dar as grazas e agradecer a tod@s os voluntarios de biblioteca a súa enorme e fantástica labor durante os recreos axudando o equipo de biblioteca.

E RECORDADE AMIGOS E AMIGAS QUE AÍNDA QUE NON A MIREDES, SABIDIÑA ESTÁ AGOCHADIÑA ENTRE OS LIBROS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario