viernes, 12 de diciembre de 2014

II CONCURSO DE POSTAIS E EXPOSICIÓN DE NADAL

Xa tedes expostas as postais  do II Concurso de Nadal.O día do Festival comunicáranse os gañadores.MOITAS GRACIAS pola vosa participación.



Tamén temos na Biblioteca unha exposición de libros coa temática do nadal para que poidades ler nos recreos ou cos titores.                                                                                                                          




jueves, 11 de diciembre de 2014

O XOVES,XOGAMOS

Un novo xogo de mesa, coa axuda do noso profe de E.F. Marcos, este xoves ¡De Mudanzas!

Cada jugador recibe 75 monedas al inicio de la partida. En cada ronda, cada jugador tira los dados y coge el número de fichas (bultos que tiene que trasportar a la nueva casa) que le marquen. Luego todos reciben una ficha de camión boca abajo. Todos a la vez dan la vuelta al camión para inmediatamente coger inmediatamente el camión de otro jugador. Aquí hay que ser muy rápido y listo, porque en decimas de segundo tienes que ver que camión te viene mejor y arrebatárselo a los otros. El último en coger camión, tiene que descartárselo y coger uno de la pila de camiones.

Una vez que cada jugador tiene un camón, tiene que acomodar todos las fichas para que no quede ninguna en tierra o no queden huecos libres en la caja del camión. La caja de cada camón tiene una forma distinta y en la cabina de cada uno pone un número, que es la altura que cada jugador puede apilar las fichas.

Al final del turno se cuentan los huecos que han quedado en la caja del camión y luego se cuenta el valor, multiplicado por dos, de cada una de las fichas que se ha quedado fuera. Ese será el dinero que tendrá que pagar a la banca cada jugador. Además, el jugador que menos dinero tiene que pagar, recibe 10 monedas como recompensa.

Al final gana, el último que quede con dinero.










CALENDARIO DE LECTURA 2015

Publicado o Calendario de Lectura 2015 onde temos as datas máis importantes con referencia aos libros e á lectura.                                                                                                                                 




jueves, 4 de diciembre de 2014

O XOVES, XOGAMOS

Hoxe tivemos na Biblioteca un novo xogo, TIBURÓN,o  profe Marcos, o mestre de E.F. ensinounos a xogar.
O obxectivo do xogo é que en cada ronda do xogo, o famento tiburón vai a morder a uns dos piratas, arrincándolle un brazo ou unha perna. Cando soamente queden dous piratas, o que vaia en primeiro lugar será o gañador.

Así xogamos.








lunes, 1 de diciembre de 2014

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL


Xa temos aqui o mes de nadal  e como o ano pasado temos en marcha o II CONCURSO DE POSTAIS NAVIDEÑAS que organiza a Biblioteca.  Seguro que hoxe recibichedes unha nota para participar nel ,  lembrade que é moi importante seguir as bases do concurso aqui as tedes. 

!! ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR¡¡


                  O noso axudante de Biblioteca, IVÁN, encargado de Bibliosabidiña, acudiu a Radioaltamira para lembrar que estaba en marcha o concurso de postais de nadal e cales eran as bases.Ademais de recordar que tiñamos na biblioteca unha exposición de libros relacionados co nadal .



                                                                         



jueves, 27 de noviembre de 2014

NOVIDADES EDITORIAIS







Estes libros "Nicomedes" de Pinto&Chinto da editorial Kalandraka e "Galiño pelado" de Paula Carbonel e Philip Giordano da editorial oqo, están considerados como os mellores libros do mundo .Os dous libros das editoriais galegas veñen de ser recoñecidos entre os 200 títulos da literatura infantil e xuvenil publicados en todo o mundo.A selección foi realizada por Jugendbibliothek de Munich, unha institución que traballa a prol da literatura infantil e xuvenil .

Nicomedes o pleado publicado por KALANDRAKA en galego, castelán e portugués, "Nicomedes o pelado" é un breve divertimento sobre a prematura calvicie do protagonista, nun ton humorístico e surrealista, e cunhas ilustracións moi expresivas e cheas de colorido. Os seus autores, Pinto&Chinto, son os galegos Carlos López e David Pinto
O álbum de OQO editora  é a adaptación do conto popular valenciano Mig pollastre (Medio pitiño) escrito por Paula Carbonell e ilustrado por Philip Giordano, que narra as aventuras dun galiño comellón que engule literalmente todo o que atopa ou entorpece o seu camiño. Unha mañá viu un papeliño e, cando o ía papar, leu o que poñía: O rei daríalle un saco de ouro a quen llo entregase.

De ahí que xa os teñamos na nosa Biblioteca para poder disfrutalos.



jueves, 20 de noviembre de 2014

OS XOVES...XOGAMOS

OS XOVES... XOGAMOS!

Hoxe contamos coa axuda do profe Marcos, profe de E.F., que estivo ensinando os nenos un xogo chamado "La colmena", xa que neste curso o xoves é o día adicado os xogos.



jueves, 13 de noviembre de 2014

RADIO SABIDIÑA

Hoxe o noso axundante da Biblioteca, Iván, ,encargado de RadioSabidiña, acudiu a Radioaltamira a comunicar as novidades da Biblioteca para este curso. Entre algunas novas está que poidades levar os libros de comic en préstamo para casa, o buzón de alumnos para depositar calqueira suxerencias .

 E recordade que Sabidiña está sempre agochadiña entre os libros.




miércoles, 12 de noviembre de 2014

PINTIÑA VISITA AS AULAS

O luns PINTIÑA comenzou a súa viaxe polas aulas de primeiro e segundo ciclo. Cada titoría poderá disfrutar da maleta durante 15 días ,e traballar,ler,... o seu contido.Aqui vos deixo a carta que recibiron as titorias coa vaquiña.




TUTORÍA DE 2ºA


TUTORÍA DE 4º A


lunes, 10 de noviembre de 2014

V XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Os días 7 e 8 de novembro celebrouse , en Santiago de Compostela, as V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia, unha actividade organizada en colaboración, pola Rede de Formación do Profesorado e a Asesoría de Bibliotecas escolares, onde parte da COMISIÓN DE BIBLIOTECA DO CEP ALTAMIRA asistiu a dita xornadas.

  No programa presentáronse  experiencias de calidade das bibliotecas escolares galegas en temas como multialfabetizacións, traballo por proxectos, biblioteca e matemáticas. Contamos  coa presenza de expertos como Ricardo Gómez, escritor e matemático; Mónica Baró,profesora de biblioteconomía da UAB e experta en bibliotecas escolares; Javier Guallar , experto en curación de contidos en bibliotecas; ou José Manuel Pérez Tornero, director do Gabinete de Comunicación e Educación. Nestas Xornadas  presentouse  o  informe do Consejo de Cooperación Bibliotecaria sobre "Prospectiva das bibliotecas 2020: As dez áreas que máis van cambiar nas nosas biblitotecas nos próximos anos" e a da plataforma "Galiza le" de acceso ao libro electrónico






jueves, 6 de noviembre de 2014

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS



ENTUSIASMO E PROXIMIDADE SON A CLAVE DA DIVULGACIÓN CIENTÍFICAÁngel Carracedo.

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo deMANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 

MANIFIESTO DE ÁNGEL CARRACEDO

miércoles, 29 de octubre de 2014

A MIÑA AMIGA A ESCURIDADE




O alumnado de 1º nivel acudiu a Biblioteca para unha sesión de CONTACONTOS . O libro elexido foi "A miña amiga a escuridade" , o libro está especialmente recomendado para evitar o medo á escuridade.Ideal para compartilo cando se deitan .

 Mentres María xoga, a escuridade entra a través da fiestra do seu cuarto. María non se asusta e xuntas pasan boa parte da noite xogando e bailando. Esta historia presenta a escuridade como a amiga das nenas e nenos.





martes, 28 de octubre de 2014

CONTACONTOS DE MEDO

O alumnado de 1º Nivel   recibiu hoxe unha invitación de Sabidiña .Xa que mañá  mércores, na Biblioteca, haberá un Contaconto de Medo aproveitando a festa do SAMAIN.



viernes, 24 de octubre de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro é unha data sinalada no calendario de todas as bibliotecas pois desde os anos 90 celébrase o DÍA DA BIBLIOTECA, a instancias da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil , e en recoñecemento ao labor que exercen todos os bibliotecarios, todas as bibliotecarias, a prol da lectura, da educación e da cultura.Nesta data, e diante dos momentos de cambios que sofren as bibliotecas, pode ser útil volver aos principios e lembrar ao matemático e bibliotecario hindú, Shiyali Ramamrita Ranganathan, quen en 1931 enunciou "as 5 leis da biblioteconomía":
  1. Os libros están para usarse.
  1. A cada lector o seu libro.
  1. A cada libro o seu lector.
  1. Hai que aforrar tempo ao lector.
  1. A biblioteca é un organismo en crecemento.
Que non lle falten libros ao noso alumnado, que teñan tempos e oportunidades para usalos, que cada rapaz, cada rapaza, atope o libro (ou á persoa) que o vincule á lectura "de por vida", e que as nosas bibliotecas escolares sigan vivas e sigan a desenvolverse en todos e cada un dos centros educativos de Galicia. 


A nosa Biblioteca quixo onmemorar este día cunha exposición de libro sobre: O Outoño, O comenzo do curso e o Samain.




lunes, 20 de octubre de 2014

CARTAS DE SABIDIÑA

Hoxe as aulas recibiron o prometido, A CARTA DE SABIDIÑA, onde entre outras novas anunciaba a Apertura da Biblioteca.

Xa sabes, estou agardándovos. CARTA DA MASCOTA SABIDIÑA from Bibliosabidiña on Vimeo.





domingo, 19 de octubre de 2014

sábado, 18 de octubre de 2014

FORMACIÓN DE USUARIOS

E coa visita das seguintes aulas: 6º B, 4º A, 5º B, 2º C e 5º C remata a Formación de Usuarios.
Grazas a tod@s pola vosa participación e colaboración.