viernes, 27 de abril de 2018

VISITA DE PUPI A NOSA BIBLIOTECA




Hoxe o alumnado de segundo nivel tivo unha visita moi especial, a súa mascota PUPI,  estaba agardandoos na Biblioteca. Pupi é o protagonista dalgúns dos libros propostos no itinerario lector de 2º nivel polo equipo docente. Foi unha sorpresa para todos os peques que disfrutaron moitísimo,xa que PUPI frimoulle os seus libros, recibiron uns marcadoresde lectura como agasallo da súa visita e para rematar fixeron una foto todos xuntos.


Aproveitando que Pupi  estaba na centro saíu a saúdalos o patio e aproveitou para despedirse .

















jueves, 26 de abril de 2018

OS TRES PORQUIÑOS - VOLUNTARIADO DE LECTURA

O mércores 25 de abril o equipo de voluntarios da biblioteca de sexto representaron a obra de titeres  ''OS TRES POQUIÑOS'' na Biblioteca Pública Municipal  de Salceda.Noraboa polo voso esforzo, implicación e traballo en equipo.

Fixéronno xenial!!!









Equipo de Voluntarios: Jenifer,Alicia, Nerea, Noelia,Raúl, Javier e Sara






OS TRES PORQUIÑOS-VOLUNTARIADO DE LECTURA18 from Bibliosabidiña on Vimeo.

miércoles, 25 de abril de 2018

FAMILIAS LECTORAS

Este trimestre comenzamos unha nova sección na Biblioteca coa participación das FAMILIAS. A proposta consiste na lectura dun conto na hora do recreo ao alumnado para implicar as familias no proceso do fomento da lectura e a participación na escola .

A sección FAMILIAS LECTORAS comenzou coa visita de KARINA  , nai de Alexandre G. alumno de 1ºB, que leu ''Los fantásticos libros voladores del Sr .Morris Lessmore'' de Willian Joyce ao alumnado de 1º e 2º nivel.

Moitas grazas Karina por adicarnos o teu tempo e poder compartir un intre de lectura con nós.


KARINA presentada por Alex







Un diploma e un marcapáxinas como agasallo


martes, 24 de abril de 2018

CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO

O martes 24 de abril despois do recreo celebramos no CEP ALTAMIRA o DÍA DO LIBRO.





 APADRIÑAMENTO LECTOR


As aulas do noso centro participaron no APRADRIÑAMENTO LECTOR do Día do libro.O alumnado de 4º, 5º e 6º apradiñou os máis pequenos de 1º, 2º e 3º nunha actividade de lectura compartida.Os padriños /madriñas escolleron un libro da biblioteca durante a semana, tendo en conta a idade dos seus afillados/as  na súas de sesións biblioteca , acudiron as aulas a coñecer os seus afillados e   foron a recollelos as aulas para ir xuntos ao patio e compartir a lectura do libro elexido.Entre os obxectivos desta actividade estan:Animar a ler ao alumnado, tanto aos maiores como aos máis pequenos,favorecer a comunicación e afectividade entre os alumnos de distintas idadesfFavorecer o saber escoitar,Implicar aos rapaces maiores no proceso de aprendizaxe dos pequenos e fomentar a convivencia: escoita ao outro, respecto...


O  OBRADOIRO de gaitas e panderetas a cargo do alumnado de sexto nivel dirixido polo profe  Paco ofreceunos unha peza musical . A continuación o Xefe Territorial de Educación Cesar Pérez Ares  presentado pola Directora do centro  foi o encargado de abrir o acto coa lectura dun fragmento do libro ''Cada cadro co seu conto ''.Seguidamente comenzou o apadriñamento .Para finalizar cantamos a canción ''Somos os piratas limpos '' do grupo Migallas coa participación do Voluntariado de Biblioteca e dirección da profe  de música Paula.








DÍA DO LIBRO 2018 from Bibliosabidiña on Vimeo.

lunes, 23 de abril de 2018

VISITA DE MARÍA CARRERA A NOSA BIBLIOTECA

Os días 23de Abril o alumnado de terceiro en varias sesións  asistiron á animación á lectura que levou a a cabo MARÍA CARRERA da man da editorial SM, con motivo dos libros propostos no itineraio lector polo equipo docente de cada nivel e que o alumnado que leron e traballaron  nas aulas.


O alumnado dos diferentes niveis gozou dunha animación ben divertida! María falounos das personaxes de todos os libros que estamos a ler, e contounos a historia do soldadiño de chumbo cunha marioneta que mudaba de personaxe segundo como a collía, moi emocionante! Ata cantamos un rock mentras ela tocaba a guitarra eléctrica.


Foi xenial!!! Estamos desexando que volva outra vez a nosa biblioteca con novas historias.


















viernes, 20 de abril de 2018

23 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2018

Achégase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2018. 

O escritor, poeta e editor galego FRAN ALONSO cedeu o texto para esta pequena peza dedifusión do Día do libro, centrándose nas posibilidades e nos efectos da lectura.










INFORMACIÓN SOBRE DÍA DEL LIBRO




miércoles, 18 de abril de 2018

ACTIVIDADES SEMANA DO LIBRO

Para conmemorar o DÍA DO LIBRO, dende a biblioteca preparamos un programa de actividades diversas.Con motivo desta celebración,  a biblioteca invitou ás familias  a participar na exposición : A LECTURA NA ARTE.




martes, 17 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO - CANCIÓN :OS PIRATAS LIMPOS DE MIGALLAS

O día do libro para finalizar o acto imos cantar a canción : Somos os piratas limpos do grupo Migallas. O alumnado está a preparar a canción coas profes de música Paula e Belén. Dende o equipo de biblioteca queremos agradecer a súa colaboración .