XIX SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA
Do 6 ao 29 de abril celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra o XIX Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
O tema da edición de 2018 é MULLERES DE CONTO e con ela pretendemos render merecida homenaxe a ás mulleres que conforman o mundo da literatura infantil, desde os personaxes dos contos ata as autoras, editoras, ilustradoras, profesoras, bibliotecarias… e, ao tempo, promover unha lectura crítica e reflexiva, con perspectiva de xénero, ao mundo da creación literaria e plástica da LIX.
Dentro das numerosas actividades propostas, o día 14 de Abril terá lugar un contaconto:Unha historia de amor, adicado a María Victoria Moreno autora o que este ano esta adicado o Día das Letras Galegas.
México é o país invitado para a edición de 2018 No salón contan cunha variada mostra da literatura infantil e xuvenil do país, pero tamén cunha selecta representación do mundo da escrita, a ilustración, a edición e a promoción da lectura mexicana.
A ilustradora viguesa Ana Villegas foi a encargada de realizar o cartel que resoltou gañador do 1º concurso Internacional de ilustración convocado por Gálix(Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil) coa colaboración do Concello de Pontevedra, co fin de escoller a imaxe do cartel da XIX edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario