lunes, 23 de abril de 2018

VISITA DE MARÍA CARRERA A NOSA BIBLIOTECA

Os días 23de Abril o alumnado de terceiro en varias sesións  asistiron á animación á lectura que levou a a cabo MARÍA CARRERA da man da editorial SM, con motivo dos libros propostos no itineraio lector polo equipo docente de cada nivel e que o alumnado que leron e traballaron  nas aulas.


O alumnado dos diferentes niveis gozou dunha animación ben divertida! María falounos das personaxes de todos os libros que estamos a ler, e contounos a historia do soldadiño de chumbo cunha marioneta que mudaba de personaxe segundo como a collía, moi emocionante! Ata cantamos un rock mentras ela tocaba a guitarra eléctrica.


Foi xenial!!! Estamos desexando que volva outra vez a nosa biblioteca con novas historias.


















No hay comentarios:

Publicar un comentario