CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO
O martes 24 de abril despois do recreo celebramos no CEP ALTAMIRA o DÍA DO LIBRO.
APADRIÑAMENTO LECTOR
As aulas do noso centro participaron no APRADRIÑAMENTO LECTOR do Día do libro.O alumnado de 4º, 5º e 6º apradiñou os máis pequenos de 1º, 2º e 3º nunha actividade de lectura compartida.Os padriños /madriñas escolleron un libro da biblioteca durante a semana, tendo en conta a idade dos seus afillados/as na súas de sesións biblioteca , acudiron as aulas a coñecer os seus afillados e foron a recollelos as aulas para ir xuntos ao patio e compartir a lectura do libro elexido.Entre os obxectivos desta actividade estan:Animar a ler ao alumnado, tanto aos maiores como aos máis pequenos,favorecer a comunicación e afectividade entre os alumnos de distintas idadesfFavorecer o saber escoitar,Implicar aos rapaces maiores no proceso de aprendizaxe dos pequenos e fomentar a convivencia: escoita ao outro, respecto...
O OBRADOIRO de gaitas e panderetas a cargo do alumnado de sexto nivel dirixido polo profe Paco ofreceunos unha peza musical . A continuación o Xefe Territorial de Educación Cesar Pérez Ares presentado pola Directora do centro foi o encargado de abrir o acto coa lectura dun fragmento do libro ''Cada cadro co seu conto ''.Seguidamente comenzou o apadriñamento .Para finalizar cantamos a canción ''Somos os piratas limpos '' do grupo Migallas coa participación do Voluntariado de Biblioteca e dirección da profe de música Paula.
DÍA DO LIBRO 2018 from
Bibliosabidiña on
Vimeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario