jueves, 5 de abril de 2018

RADIOSABIDIÑA -ABRIL



ANA E MARÍA EN RADIOSABIDIÑA

O xoves 5 de abril, ANA E MARÍA, axudantes de biblioteca e representantes de RadioSabidiña acudiron a dar uns recados a Radio Altamira na sección de "Sabidiña informa".As novas foron as seguintes:



  • Xa sabedes que o mes de abril é o mes dos libros.Na semana do libro, 23 de abril, teremos diferentes actividades para conmemoralos: exposicións de traballos, visita de animadores á lectura,apadriñamento lector...
  • Na exposición de traballos sobre o proxecto anual exporemos as aportacións das familias no apartado '' A lectura na arte''.
  • Lembrade que este ano o Día das Letras Galegas estará adicado a María Victoria Moreno, escritora  de obras como ''Mar adiante '',''Leonardo e os fontaneiros'', ''Eu conto, ti cantas...'' que estarán expostos na exposición que teremos na biblioteca.
  • E por último , dar as grazas os voluntarios polo seu traballo co teatrillo que están a preparar e que proximamente representaran na Biblioteca Pública Municipal de Salceda.


E LEMBRADE AMIGOS E AMIGAS QUE AÍNDA QUE NON A MIREDES, SABIDIÑA ESTÁ AGOCHADIÑA ENTRE OS LIBROS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario