miércoles, 27 de junio de 2018

ENTREGA DE DIPLOMAS E CLUB DE LECTURA

O martes  26 de xuño os voluntarios de biblioteca disfrutaron dunha mañá moi especial para finalizar este curso.

  • ENTREGA DE DIPLOMAS

Aproveitamos para facerlles entrega dos diplomas da súa colaboración como voluntarios, unha labor fantástica que desenpeñan ao longo do curso colaborando na biblioteca do centro cunha gran implicación.Para esta entrega contamos co inspector do centro, Miguel Hernández e a nosa directora, Monsterrat Vaqueiro.Os alumnos coa axuda da profe de música Paula cantaron a canción´´ Somos os piratas limpos´´ do grupo Migallas que prepararan para o día do Libro como benvida.























  • CLUB DE LECTURA

Para concluir este curso os alumnos participantes no CLUB DE LECTURA participaron o martes 26  na Xornada do club de lectura relacionada coa lectura do seu último libro "Bala Perdida " de Manuel Rivas. Falamos do que nos gustara o libro, das personaxes e para concluir fixemos un concurso por equipos utilizando o KAHOOT, coa colaboración da profe Belén ,  para comprobar cando sabiamos de...Bala perdida.

















Para rematar a xornada, nada mellor que compartir unha merenda como remate deste curso e agradecemento aos nosos excelentes voluntarios.






Así foi a mañá.



AXUDANTES DE BIBLIOTECA 2018 from Bibliosabidiña on Vimeo.

lunes, 18 de junio de 2018

FAMILIAS LECTORAS

No terceiro trimestre o  equipo de biblioteca propuxo ás familias unha nova sección para que puideran participar nas propostas da biblioteca.Esta sección foi FAMILIAS LECTORAS.

A proposta consiste na lectura dun conto na hora do recreo ao alumnado para implicar as familias no proceso do fomento da lectura e a participación na escola .


A proposta resultou moi interesante e foi moi enriquecedora para as familias participantes e emocionante para os seus fillos ver como os pais contaban os contos. Dende o equipo de biblioteca queremos agradecer as familias participantes o seu compromiso e participación.
Moitas grazas por adicarnos un intre de lectura, agardámosvos para o próximo curso.


KARINA E ALEXANDRE


MILA E NOA


COQUE E IAGO


NURIA E HÉCTOR


FAMILIAS LECTORAS E OS SEUS CONTOS



''Monstruo rosa'' de Olga de Dios, un conto que nos ensina a respetar aos demais por moi diferentes que sexamos.

viernes, 15 de junio de 2018

AS MOCHILAS VIAXEIRAS REGRESAN Á BIBLIOTECA

As mochilas viaxeiras  están de volta na Biblioteca.Durante todo o curso, o noso alumnado disfrutou das mochilas viaxeiras .Neste curso o seu contido foi diferente intentando mellorarlo,según as propostas das enquisas realizadas o curso pasado.


No caderno das mochilas anotaron as cousas que máis lle gustaron, fixeron debuxos dos libros e diversos comentarios. Que traballos mais chulos.
Esperamos de pasárades un bo rato lendo e compartindo a mochila viaxeira,MOITAS GRACIAS a tod@s polos vosos traballos.

Imos facer unha selección para que vexades que traballos máis chulos fixéchedes.




lunes, 11 de junio de 2018

LEDICIA COSTAS VISITA A NOSA BIBLIOTECA


OS VOLUNTARIOS :RAÚL, SARA E JAVIER


OS VOLUNTARIOS: SOFÍA, NEREA E NOELIA.

O  venres 8 de xuño tivemos unha visita moi especial, volveu un ano máis a nosa biblioteca a escritora viguesa LEDICIA COSTAS, o alumnado estaba moi emocionado coa súa visita.Os voluntarios foron os encargados de facer a súa presentación , como foron dúas sesión fixemos dous grupos.

''Emeraldina a pequena defunta'' foi o libro que o alumnado de sexto estivo a ler e traballar nas aulas, dentro da proposta do itinerario lector.

O alumnado disfrutou moita coa vista da escritora e falaron do libro, da súas anécdotas,das súas lembranzas...Esta autora destaca polo seu humor escalofriante e pola súa habilidade para desmitificar o mundo da morte.

Ao final, firmounos a tod@s os libros e a cada un lle escribiu unha dedicatoria.Tamén asinou no libro de visitas da biblioteca .

Moitas grazas, Ledicia ,por compartir o teu tempo connosco.Un pracer , agardamos as túas historias.