|
OS VOLUNTARIOS :RAÚL, SARA E JAVIER
|
|
OS VOLUNTARIOS: SOFÍA, NEREA E NOELIA.
|
O venres 8 de xuño tivemos unha visita moi especial, volveu un ano máis a nosa biblioteca a escritora viguesa LEDICIA COSTAS, o alumnado estaba moi emocionado coa súa visita.Os voluntarios foron os encargados de facer a súa presentación , como foron dúas sesión fixemos dous grupos.
''Emeraldina a pequena defunta'' foi o libro que o alumnado de sexto estivo a ler e traballar nas aulas, dentro da proposta do itinerario lector.
O alumnado disfrutou moita coa vista da escritora e falaron do libro, da súas anécdotas,das súas lembranzas...Esta autora destaca polo seu humor escalofriante e pola súa habilidade para desmitificar o mundo da morte.
Ao final, firmounos a tod@s os libros e a cada un lle escribiu unha dedicatoria.Tamén asinou no libro de visitas da biblioteca .
Moitas grazas, Ledicia ,por compartir o teu tempo connosco.Un pracer , agardamos as túas historias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario