No terceiro trimestre o equipo de biblioteca propuxo ás familias unha nova sección para que puideran participar nas propostas da biblioteca.Esta sección foi FAMILIAS LECTORAS.
A proposta consiste na lectura dun conto na hora do recreo ao alumnado para implicar as familias no proceso do fomento da lectura e a participación na escola .
A proposta resultou moi interesante e foi moi enriquecedora para as familias participantes e emocionante para os seus fillos ver como os pais contaban os contos. Dende o equipo de biblioteca queremos agradecer as familias participantes o seu compromiso e participación.
Moitas grazas por adicarnos un intre de lectura, agardámosvos para o próximo curso.
KARINA E ALEXANDRE
MILA E NOA
COQUE E IAGO
NURIA E HÉCTOR
FAMILIAS LECTORAS E OS SEUS CONTOS
''Monstruo rosa'' de Olga de Dios, un conto que nos ensina a respetar aos demais por moi diferentes que sexamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario