miércoles, 27 de junio de 2018

ENTREGA DE DIPLOMAS E CLUB DE LECTURA

O martes  26 de xuño os voluntarios de biblioteca disfrutaron dunha mañá moi especial para finalizar este curso.

  • ENTREGA DE DIPLOMAS

Aproveitamos para facerlles entrega dos diplomas da súa colaboración como voluntarios, unha labor fantástica que desenpeñan ao longo do curso colaborando na biblioteca do centro cunha gran implicación.Para esta entrega contamos co inspector do centro, Miguel Hernández e a nosa directora, Monsterrat Vaqueiro.Os alumnos coa axuda da profe de música Paula cantaron a canción´´ Somos os piratas limpos´´ do grupo Migallas que prepararan para o día do Libro como benvida.























  • CLUB DE LECTURA

Para concluir este curso os alumnos participantes no CLUB DE LECTURA participaron o martes 26  na Xornada do club de lectura relacionada coa lectura do seu último libro "Bala Perdida " de Manuel Rivas. Falamos do que nos gustara o libro, das personaxes e para concluir fixemos un concurso por equipos utilizando o KAHOOT, coa colaboración da profe Belén ,  para comprobar cando sabiamos de...Bala perdida.

















Para rematar a xornada, nada mellor que compartir unha merenda como remate deste curso e agradecemento aos nosos excelentes voluntarios.






Así foi a mañá.



AXUDANTES DE BIBLIOTECA 2018 from Bibliosabidiña on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario