Título: "Rubicundo"
Editorial: Xerais Col.: Merlín
"Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás. Tampouco lle sorprendía o nome do seu veciño: Rubicundo. Nin lle parecía raro que todas as noites subise na súa bicicleta e comezase a viaxe enriba da árbore do seu xardín, ata perderse de vista. A Erea o que si lle parecía estraño era a súa indumentaria, un gabán e un sombreiro de copa negros, e debaixo un traxe da cor do acibeche. Erea era así, fixábase nos detalles máis sinxelos".
O venres 1 de xuño recibimos na nosa biblioteca a visita da escritora MARÍA CANOSA, autora do libro Rubicumdo que o alumnado de terceiro nivel estivo a ler e traballar nas aulas dentro do itinerario lector.A presentacion correu a cargo dun grupo de voluntarios da biblioteca:María, Irene e Ana.
Todos comezamos a facerlle preguntas. Por exemplo, como e por que escollera ese nome tan raro de Rubicundo para o seu libro?, Por que agora escribía libros infantís e antes, non? Pouco a pouco a escritora ía aclarando todas estas dúbidas. Contounos que ao principio escribía libros de medo para adultos, pero un día o ilustrador dos seus libros (que se chamaba Dani) lle dixo que estaba un pouco canso de debuxar sempre o mesmo e sempre as mesmas cousas. De seguido lle pediu que escribira un libro que lle inspirara debuxos e cousas diferentes Contounos que tamén coñeceu a unha grande ilustradora chamada Nuria Díaz, que ao final lle gustou tanto o libro de “Rubicundo” que decidiu ilustralo.
Ao final, firmounos a tod@s os libros e a cada un lle escribiu unha dedicatoria.Tamén asinou no libro da biblioteca.
Algunhas ilustracións realizadas por Nuria Diaz para o libro Rubicundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario