sábado, 27 de abril de 2019

RECREO DOS ARTISTAS


Hoxe, venres 26,  é o día elexido para que o alumnado participe nesta sección que inaguramos recentemente :O RECREO DOS ARTISTAS,coa colaboración das profes de música do centro Paula e Belén.  Sheila, axudante do equipo de biblioteca foi a encargada de facer a presentación .

Os artistas de hoxe son: Manuel  de 3ºD , Alma de 4º D  e  Lara de 5º D que cantounos unha fermosa canción.



Recreo de artistas 2 from Bibliosabidiña on Vimeo.

viernes, 26 de abril de 2019

VISITANOS...XOÁN BABARRO



Hoxe visitounos na biblioteca Xoan Babarro para falarnos do seu libro: "Hilario e os tres medos". O alumnado de 5º C e 5º D acudiu ao encontro co autor do seu libro de lectura.As voluntarias de biblioteca, Aroa e Sara, encargaronse da súa presentación cunha pequena biografía do autor.
Xoán explicoulles moitas cousas sobre o libro, por exemplo que Hilario é un bastón que lle regalou un señor que coñeceu nun dos seus viaxes a Finisterre e quixo facerlle unha homenaxe.Tamén  faloulles de onde viña o nome de Abela, que resulta que se lle ocuriu facendo uns estudos das linguas de Kenia.Soprendeunos moito saber que en Kenia , cada letra é unha sílaba.Logo ensinounos un xogo onde tiñamos que asociar un obxecto ao  personaxe do libro, adiviñamos todos.Contestounos a todas as dúbidas e curiosidades que queriamos saber.E para rematar firmounos os exemplares do libro de lectura e tamén asinou o libro de firmas da biblioteca.
Foi moi ameno e divertido.
Reseña feita polo alumnado de 5º C-5º D.

AROA E SARA NA PRESENTACIÓN DO AUTOR


AS VOLUNTARIAS CON XOÁN BABARRO












ASINANDO NO LIBRO DA BIBLIOTECA



TRABALLOS DO ALUMNADO DE QUINTO

VISÍTANOS ....PERE TOBARUELA E ANDRÉS MEIXIDE


Hoxe 26 de abril contamos coa visita do escritor e o ilustrador da colección de libros FORMIG4S , PERE TOBARUELA e ANDRÉS MEIXIDE da editorial Xerais.
Cada aula elixiu un libro da colección: Formig4s.Misión París ,Formig4s.Misión Nova York ,Formig4s .Misión Tokyo e Formig4as .Misión Barcelona. Ambos compartiron dúas sesións co alumnado de 4º de primaria onde  falaron dos libros que están a ler nas aulas dentro do itineraio lector.As voluntarias,Martina e Aimara foron as encargadas de facer a súa presentación ao alumnado cun breve biografía.

“FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.”

Ao alumnado fíxolle moita ilusión poderlle preguntar todas as súas dúbidas sobre todo dos personaxes e aínda máis saber que están a piques  de mergullarse noutra nova aventura,está vez en Venecia.Mentras Pere respondeu as súas preguntas, Andrés debuxoulles os personaxes para lembraza da súa visita a nosa biblioteca.
Esperamos velos moi pronto e que sigan a escribir e debuxar historias tan divertidas.

MARTINA E AIMARA facendo a presentación
















jueves, 25 de abril de 2019

AS HISTORIAS DE KAMISHIBAI CON JUAN JUSTE


O xoves 25 recibimos a Juan Juste  coas  historias do Kamishibai, un espectáculo que mezcla o mundo máxico do teatro de papel e luz tradicional xaponés con desplegables pop-up. Kamishibai ,  en xaponés, quere dicir ´´teatro de papel´´.É unha forma de contar contos moi popular en Xapón.

Orixen do kamishibai, conto tradicional de Gana e  de insectos de diferentes cores  foron  as historias que Juan contou o  alumnado de quinto nivel  que disfrutou destas historias en dúas sesións.
















Grazas Juan por compartir con nós estas fermosas historias.


II CAMPIONATO DE XADREZ

O xoves 25 de abril comenzou a primera xornada do II Campionato de xadrez que organiza a biblioteca.Tiveron que inscribirse previamente na Biblioteca e as profes de biblio fixeron as parellas. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º son os participantes no campionato. Ten lugar durante os recreos dos martes e xoves. O equipo de voluntarios son os encargados de preparar o material ,controlar o xogo e escribir os gañadores de cada partida.


Os voluntarios preparando o material



Na primeira xornada xogaron:


ENZO E ASIER DE 6º D


BRUNO DE 6º B  E ABEL  DE 6º D


ALEX E MATEO DE 4º A



Os gañadores desta primeira xornadas foron : Bruno, Alex e Asier. Noraboa .

miércoles, 24 de abril de 2019

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO


O día 24 de abril, despois do recreo celebramos o DÍA DO LIBRO, este ano debido o mal tempo realizamos a actividade no pabillón.A canción elexida foi ´´un libro´´ de Paco Nogueiras.


 

 Un  grupo de voluntarios iniciaron a actividade lendo un conto de Zambia en relación ao noso proxecto anual ¨Sabiña polo mundo¨.Seguidamente o grupo do obradoiro  de gaitas e pandeiretas ,onde participan algúns dos voluntarios das biblioteca,interpretaron tres pezas musicais.A continuación comenzou o apadriñamento lector.

As aulas do noso centro participaron no APRADRIÑAMENTO LECTOR do Día do libro.O alumnado de 4º, 5º e 6º apradiñou os máis pequenos de 1º, 2º e 3º nunha actividade de lectura compartida.Os padriños /madriñas escolleron un libro da biblioteca durante a semana, tendo en conta a idade dos seus afillados/as  na súas de sesións biblioteca , acudiron as aulas a coñecer os seus afillados e   foron a recollelos as aulas para ir xuntos ao patio e compartir a lectura do libro elexido.Entre os obxectivos desta actividade estan:Animar a ler ao alumnado, tanto aos maiores como aos máis pequenos,favorecer a comunicación e afectividade entre os alumnos de distintas idades,favorecer o saber escoitar,implicar aos rapaces maiores no proceso de aprendizaxe dos pequenos e fomentar a convivencia: escoita ao outro, respecto...







Así mismo as aulas realizaron unhas recomendación lectoras do seu libro de lectura ,que colocamos na árbore da entrada.