O día 5 de Abril, contamos cunha visita moi especial a escritora TERESA GONZÁLEZ COSTA.Teresa é autora dos libros : A filla do ladrón de bicicletas , A noite das bicicletas e Fred Quincalla ,o nómade do mar.Ofreceunos dúas sesións para 3º B-E e 6ºC-D con motivo dos libros propostos no itinerario lector polo equipo docente de cada nivel que o alumnado leu nas aulas.Os libros escollidos son da Editorial Xerais.
Os voluntarios da biblioteca Mara, Ainhoa ,Sheyla V., Sheyla G. e Iker foron os encargados de facer a súa presentación ao alumnado asistente.Contaronlles unha pequena biografía onde destacaron as súas facetas:novelista, autora teatral, guionista, actriz e filóloga.
Na primeira sesión co alumnado de sexto faloulles como escribira os seus libros, anedotas da súa vida e os seus viaxes,das personaxes dos libros e das historias das que escribía.
Na segunda sesión co alumnado de terceiro respondeulles a unha morea de curiosidades aos lectores e lectoras.Contoulles en que se inspirara para escribir a hitoria de Fred Quincalla,cantos anos tiña cando comenzou a escribir,cales foron as súas primeiras historias e mesmo algún outro segredo sobre Leopolda López e o Gran Gogol, os protagonistas.Os alumnos disfrutaron moito coa súa visita e estiveron encantados de coñecela.
Por último tivo lugar a sinatura de libros ao alumnado e mesmo no libros de visitas da biblioteca.Agardamos que siga escribindo novas historias para que volte outro día.
Grazas Teresa pola túa visita a nosa biblioteca.
Os axudantes da biblioteca facendo a súa presentación ao alumnado |
Teresa asinando no libro de visitas da biblioteca |
No hay comentarios:
Publicar un comentario