O VOLUNTARIADO DE LECTURA VISITA A RESIDENCIA XIMARÁ
Un grupo de alumn@s do Cep Altamira de Salceda, participantes no programa de Bibliotecas Escolares Solidarias dentro da iniciativa do Voluntariado de Lectura-A que leva a cabo a nosa biblioteca visitou o a residencia da terceira idade XIMARÁ en Salceda acompañados polos mestres Anabel e Pablo.
O alumnado representou a obra de teatro e cantaron a canción ´´ O COELLIÑO BRANCO´´ para os maiores, quenes os acolleron con entusiamo. Por outra parte, os maiores que os recibiron con moito agarimo contáronlles algunhas anécdotas da súa vida.Unha anciana de 92 anos cantou e tocou a pandeireta, como estivera vivindo en Mexico tamén cantoulles unha ranxeira. Ana e Naira, voluntarias da biblioteca, tocaron unha canción coa pandeireta e para rematar cantamos todos xuntos A saia da Carolina.
Ao finalizar, o alumnado recibiu un agasallo por parte da residencia, unhas lambetadas.
Foi unha experiencia de convivencia enriquecedora e moi emotiva para maiores e cativos. Un día inolvidable que esperamos repetir.
Os voluntarios de biblioteca na representación do COELLIÑO BRANCO
No hay comentarios:
Publicar un comentario