viernes, 26 de abril de 2019

VISITANOS...XOÁN BABARRO



Hoxe visitounos na biblioteca Xoan Babarro para falarnos do seu libro: "Hilario e os tres medos". O alumnado de 5º C e 5º D acudiu ao encontro co autor do seu libro de lectura.As voluntarias de biblioteca, Aroa e Sara, encargaronse da súa presentación cunha pequena biografía do autor.
Xoán explicoulles moitas cousas sobre o libro, por exemplo que Hilario é un bastón que lle regalou un señor que coñeceu nun dos seus viaxes a Finisterre e quixo facerlle unha homenaxe.Tamén  faloulles de onde viña o nome de Abela, que resulta que se lle ocuriu facendo uns estudos das linguas de Kenia.Soprendeunos moito saber que en Kenia , cada letra é unha sílaba.Logo ensinounos un xogo onde tiñamos que asociar un obxecto ao  personaxe do libro, adiviñamos todos.Contestounos a todas as dúbidas e curiosidades que queriamos saber.E para rematar firmounos os exemplares do libro de lectura e tamén asinou o libro de firmas da biblioteca.
Foi moi ameno e divertido.
Reseña feita polo alumnado de 5º C-5º D.

AROA E SARA NA PRESENTACIÓN DO AUTOR


AS VOLUNTARIAS CON XOÁN BABARRO












ASINANDO NO LIBRO DA BIBLIOTECA



TRABALLOS DO ALUMNADO DE QUINTO

No hay comentarios:

Publicar un comentario