viernes, 26 de abril de 2019

VISÍTANOS ....PERE TOBARUELA E ANDRÉS MEIXIDE


Hoxe 26 de abril contamos coa visita do escritor e o ilustrador da colección de libros FORMIG4S , PERE TOBARUELA e ANDRÉS MEIXIDE da editorial Xerais.
Cada aula elixiu un libro da colección: Formig4s.Misión París ,Formig4s.Misión Nova York ,Formig4s .Misión Tokyo e Formig4as .Misión Barcelona. Ambos compartiron dúas sesións co alumnado de 4º de primaria onde  falaron dos libros que están a ler nas aulas dentro do itineraio lector.As voluntarias,Martina e Aimara foron as encargadas de facer a súa presentación ao alumnado cun breve biografía.

“FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.”

Ao alumnado fíxolle moita ilusión poderlle preguntar todas as súas dúbidas sobre todo dos personaxes e aínda máis saber que están a piques  de mergullarse noutra nova aventura,está vez en Venecia.Mentras Pere respondeu as súas preguntas, Andrés debuxoulles os personaxes para lembraza da súa visita a nosa biblioteca.
Esperamos velos moi pronto e que sigan a escribir e debuxar historias tan divertidas.

MARTINA E AIMARA facendo a presentación
















No hay comentarios:

Publicar un comentario