miércoles, 3 de abril de 2019

ANIMACIÓN Á LECTURA CON OLGA CUERVO



O día 2 de Abril, día internacional do libro infantil contamos coa visita da actriz e animadora asturiana OLGA CUERVO. Ofreceunos catro sesións de contaconcos  para 1ºC-D ,2ºD-E, 3ºA-C-D- e 5ºA-B con motivo dos libros propostos no itinerario lector polo equipo docente de cada nivel que o alumnado leu nas aulas.Os libros escollidos son da Editorial SM.

Olga chegou chea de enerxía e creou unha maravillosa sesión entre contos.Contounos , entre outros,  coma o seu mamagallo escapara da casa e rematou coa rica receita do biscoito que Cocorico e a súa nai prepararon para o Gato Pelado.Tamén falou dos libros que os nenos leran nas aulas coa participación do alumnado dos distintos cursos.

Lucia e Lucia de 5º A voluntarias da biblioteca foron as encargadas de facer a súa presentación ao alumnado.

As axudantes de biblioteca na súa presentación



















Como sempre Olga conquistounos coas súas fermosas historias e pasamos un bo rato entre contos. Moitas grazas Olga, esperamos volver a desfrutar da túa visita.



No hay comentarios:

Publicar un comentario