O día 24 de abril, despois do recreo celebramos o DÍA DO LIBRO, este ano debido o mal tempo realizamos a actividade no pabillón.A canción elexida foi ´´un libro´´ de Paco Nogueiras.
Un grupo de voluntarios iniciaron a actividade lendo un conto de Zambia en relación ao noso proxecto anual ¨Sabiña polo mundo¨.Seguidamente o grupo do obradoiro de gaitas e pandeiretas ,onde participan algúns dos voluntarios das biblioteca,interpretaron tres pezas musicais.A continuación comenzou o apadriñamento lector.
As aulas do noso centro participaron no APRADRIÑAMENTO LECTOR do Día do libro.O alumnado de 4º, 5º e 6º apradiñou os máis pequenos de 1º, 2º e 3º nunha actividade de lectura compartida.Os padriños /madriñas escolleron un libro da biblioteca durante a semana, tendo en conta a idade dos seus afillados/as na súas de sesións biblioteca , acudiron as aulas a coñecer os seus afillados e foron a recollelos as aulas para ir xuntos ao patio e compartir a lectura do libro elexido.Entre os obxectivos desta actividade estan:Animar a ler ao alumnado, tanto aos maiores como aos máis pequenos,favorecer a comunicación e afectividade entre os alumnos de distintas idades,favorecer o saber escoitar,implicar aos rapaces maiores no proceso de aprendizaxe dos pequenos e fomentar a convivencia: escoita ao outro, respecto...
Así mismo as aulas realizaron unhas recomendación lectoras do seu libro de lectura ,que colocamos na árbore da entrada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario