Hoxe a profe Eva Ara contou un conto moi especial ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria en dúas sesión, ´´LA PRINCESA SIN PALABRAS´´.Podedes lelo na biblioteca xa que forma parte dos contos que mercamos para a sección : Biblioteca inclusiva.
Un conto para visibilizar o sindrome de Rett e lograr fondos para súa investigación.A protagonista é Marta,unha princesa á que o malvado bruxo Rett roboulle, entre outras cousas, as palabras.Pero ela segue sendo unha nena como as demais, á que lle gusta que lle lean contos, bañarse na piscina e montar a cabalo.Mais, hai unha cousa que a fai inmensamente feliz;que os demais nenos lle fagan caso.
Eva contando o conto A princesa sen palabras |
Gracias Eva por dedicarnos un ratiño do teu tempo para contarnos este fermoso conto.É moi importante que o alumnado teña información e coñeza as necesidades das persoas que nos rodean ,xa que é a mellor maneira de enterder e aceptar aos demais compañeiros que tanto nos poden enriquecer .
No hay comentarios:
Publicar un comentario